Dentro do proxecto que estamos desenvolvendo no noso centro " As mulleres contan", desde a área de Educación Física e de Valores sociais e Cívicos, quixemos facer a nosa pequena aportación, dando visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas. Non están todas as que son, pero si seleccionamos aquelas cuxas historias, de onte e de hoxe, caláronnos máis.
Este traballo interdisciplinar foi realizado polo alumnado de 5º e 6º de E.Primaria da asignatura de Valores Sociais e Cívicos, coa inestimable colaboración da nosa mestra de Educación Musical, Nerea.
Moitas grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario