Disfrutamos movéndonos, súmase á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero. A inicitiva que leva por lema En negro contra as violencias pretende desenvolver unha serie de medidas entre as que destacan:
- Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas.
- Implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
- Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario