BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 3 de junio de 2017

PDC. EmocionArte por Carballo

 A partir dun grupo de formación dalgúns mestres/as do Ceip A Cristina de Carballo, xurde un proxecto de investigación chamado " Emocionarte por Carballo" destinado a traballar co alumnado as emocións a través da arte, en colaboración co Concello de Carballo, relacionando o mesmo, co proxecto que dende hai anos leva a cabo o concello de " Carballo derrumbando muros".
 
Para desenvolver esta unidade didáctica o pasado Xoves e Venres, todo o alumnado de E.Infantil e E.Primaria do noso centro, realizou uns roteiros  onde visitaron varios murais do proxecto " Carballo Derrumbando muros"  intentando  promover estilos de vida saudables e activos a través de actividades transversais, observando de forma activa a súa contorna.































No hay comentarios:

Publicar un comentario