Sara coa súa mascota e o premio do concurso
A mascota elaborada por Sara Puga Cabeza, alumna de 6º de E.Primaria, foi a gañadora do concurso da mascota activa do Ceip. A Cristina.
A decisión non foi doada para os cinco membros da comisión ( integrada polos catro mestres de Educación Plástica e o coordinador do Proxecto deportivo de centro) que valorou os traballos realizados polos nen@s do noso colexio,xa que, na primeira votación houbo un empate entre dúas das nove mascotas finalistas, o que obrigou a facer unha segunda votación, na que a mascota de Sara foi a elexida.
Resultados da 1ª votación
2 votos
2 votos
1 voto
Resultados da 2ª votación
4 votos
1 voto
1 voto
Esta mascota será a imaxe e o logotipo do Proxecto Deportivo do noso centro.
Dede aquí quero agradecer o traballo desenvolvido polos catro mestres de Educación Plástica ( Mónica, Rebeca, Nerea e Norberto) nas súas clases, o cal, axudou a que este concurso fose unha realidade.
Moitas grazas a tódol@s nen@s que participaron no concurso polo seu esforzo, e polos excelentes traballos presentados.
Moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario