O noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas,72 en total, na I carreira popular " De dous en dous" que se celebrará en Carballo o próximo sábado día 11 de Abril a partir das 19.45 horas.Os alumn@s do noso centro participarán nas categorías pitufo, benxamín, alevín e infantil, tanto feminino como masculino.
Está proba está organizada polo Atletismo Carballo en colaboración co Concello, ademais será unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo. A cita conta con varias peculiaridades. Así, en primeiro lugar, o feito de que os participantes na categoría de adultos correrán por parellas, de dous en dous, unidos por unha goma elástica polas mans. En segundo lugar, o horario, xa que a carreira será nocturna. En terceiro, o seu carácter solidario, posto que tanto os participantes coma o público poderán entregar, de forma voluntaria, un quilo ou un litro de alimentos non perecedoiros a beneficio de Cruz Vermella e Cáritas. E, por último, é unha carreira integradora, xa que se fomenta a participación de persoas con diversidade funcional, que poderán ir acompañadas ou utilizar os instrumentos necesarios para o seu desprazamento durante o percorrido na forma máis convinte. A saída de todas as probas estará situada na rúa Gran Vía, á altura da rúa Álvarez de Sotomayor. A recollida de dorsais farase o mesmo día, a partir das 16.00 horas, no primeiro andar do mercado municipal.
Podedes consultar o regulamento e os horarios das probas no seguinte enlace:
REGULAMENTO E HORARIOS
A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 17:00 h. do día da carreira
PERCORRIDOS DAS DISTINTAS CATEGORÍAS
A recollida de dorsais farase no primeiro andar do Mercado Municipal de abastos da praza do Concello de Carballo a partir das 17:00 h. do día da carreira
PERCORRIDOS DAS DISTINTAS CATEGORÍAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario