Un ano máis, e cumprindo 23 anos, Xogar na rúa convértese no perfecto peche
para o programa de Deporte en Idade Escolar, que inclúe as actividades
deportivas que se desenvolveron durante o curso 2013-2014 nos centros escolares do concello de Carballo.
Xogar na rúa pecha este
programa o sábado 7 de xuño, na Praza do Concello entre as 17.00 e as 19.30 horas,
a través de 16 actividades, como son mini basket, xadrez, pista americana, hoquei, xogos autóctonos, búfalo mecánico, inchable de Pocoyó, casiña de bolas,
atletismo ou capoeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario