Os alumn@s de 6º de E.Primaria desenvolverán unha sesión de iniciación á Orientación o vindeiro 12 ou 19 de Decembro( dependendo das condicións metereolóxicas). A sesión será impartida por Iván Mera, técnico da federación de orientación.
EN QUE CONSISTE A ACTIVIDADE?
É unha actividade de introdución a disciplina de
Orientación deseñada exclusivamente para o alumnado de centros escolares de
primaria ou secundaria.
Será
dirixida por técnicos da federación, que visitarán o centro na data convida
para realizar, ao longo dunha mañá e dentro do horario escolar, actividades
lúdicas de iniciación que faciliten a inmersión dos escolares nesta modalidade deportiva
de maneira lúdica e cooperativa.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
•Ofrecerlles
aos escolares unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.
•Desenvolver
diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser
empregadas en diferentes situacións cotiás.
•Concienciar
os escolares na necesidade de coidar e manter os espazos naturais.
•Fomentar a
colaboración entre os participantes e a capacidade de traballo en grupo.
•Aprender a
interpretar diferentes tipos de planos.
•Saber
manexar un compás.
•Coñecer as
técnicas para trazados de rumbos.
CONTIDOS:
Dentro desta
actividade de iniciación traballaranse os seguintes contidos:
•Interpretación
dun plano.
•Manexo do
compás.
•Trazado dun
rumbo.
•Manexo de
material específico (fichas técnicas ....).
•As balizas.
•As pinzas.
•Adaptación
ao medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario