O Concello, a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal,
organiza a III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que terá lugar o
domingo 16 de xuño de 2013. Trátase dunha proba oficial da Federación Galega de
Atletismo (FGA) cunha distancia homologada de 10.000 metros, e baixo o control
técnico do Comité de Xuíces da FGA. A proba está incluída no calendario do I
Circuito Provincial de Carreiras Populares da Coruña da Deputación Provincial,
que xunto con Carballo inclúe aos concellos de Ribeira, Ares, Cambre, Mugardos,
Ferrol, A Coruña, Santiago, Bertamiráns e Negreira. Colaboran na organización da
proba a FGA, a Asociación Deportiva Media Ducia de Carballo, o Colexio Oficial
de Fisioterapias de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e a Agrupación de
Voluntarios de Protección Civil de Carballo. Na III Carreira Popular "10 Km
Concello de Carballo", pode participar toda persoa nada nas datas
correspondentes por categoría, estea ou non federada, ate un máximo de 1.000
inscritos, con excepción de atletas federados estranxeiros, agás os portugueses
que non fosen internacionais co seu país e de todas as participacións que fosen
contrarias ás disposicións da FGA. As inscricións son gratuítas e poden
realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com, onde
pode obterse máis información.
O prazo para anotarse transcorre entre o martes 23 de abril e o luns 10 de xuño
de 2013.
As formas e lugares de inscrición, ademais de a través de www.championchipnorte.com, son as
seguintes:
-Na web www.carballo.org.
-Na web da Federación Galega de Atletismo na ligazón creada ao respecto: www.atletismogalego.com.
-Inscrición presencial nas oficinas Carballo Deporte sitas na rúa Corcubión s/n mediante solicitude con Rexistro de Entrada.
Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios
e distanzas, específicandose os anos de nacemento dos participantes:
- Benxamín: 2004-2005 / 1.000 m. / 12:05
- Alevín: 2002-2003 / 1.600 m. / 10:00.
- Infantil: 2000-2001 / 2.000 m / 10:20
- Cadete: 1998-1999 / 3.000 m. / 10:45
- Xuvenil: 1996-1997 / 5.000 m. / 11:10
- Absoluta: 1994 ata veterán / 10.000 m. / 12:00
No hay comentarios:
Publicar un comentario