A este campionato hai que unir as medallas de prata e bronce de Valeria Gómez e Lucía Carro nas categorías alevín e benxamín feminina, e a medalla de bronce do equipo benxamín feminino.
Tamén hai destacar a clasificación de David Pandelo para o campionato provincial ao finalizar oitavo ,e o 4º posto do equipo benxamín masculino.
Como aspecto negativo da xornada, sinalar o sucedido na recta final da proba da categoría infantil masculino, onde o atleta do noso centro Yonatan Lema, foi empurrado claramente por outro atleta cando loitaba polo oitavo posto que lle daría a clasificación para o campionato provincial. Despois de presentar unha reclamación á xuíz árbitro da proba, sorprendentemente non se tivo en conta a mesma, privando ao noso corredor dunha merecida clasificación.
Desde o meu punto de vista, decisións deste tipo, non favorecen para nada os valores que se lle supón a este tipo de competicións a nivel escolar, xa que, o espirítu deportivo queda totalmente desvirtuado.
NORABOA A TOD@S POLO VOSO ESFORZO!!!
Relación de atletas clasificados para o Campionato Provincial
Benxamín feminino ( 3ºcurso)
Lucía Carro Rodríguez.
Benxamín masculino ( 3ºcurso)
David Pandelo Gómez.
Alevín feminino (4º e 5º curso)
Sarai Lema Fernández.
María Serra Álvarez.
Graciela Amarelle Fernández
Valeria Gómez Álvarez.
Paula Lorenzo Rodríguez.
Cecilia Collazo Noya
Natalia Riveiro Rojo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario