BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 14 de mayo de 2024

RODRIGO E ABEL CAMPIÓNS DO IX TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Rodrigo e Abel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E. Primaria do IX Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os  meses de abril e maio.

Na final de quinto curso, Rodrigo  gañou por dous sets a cero a Julia ( 21-16 e 21-12).

En sexto curso, Abel logrou a victoria por dous sets a cero ante Adrián(21-12 e 21-14).

Ao final do partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de  cada curso unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!



JULIA E RODRIGO



ADRIÁN E ABEL



lunes, 13 de mayo de 2024

10 K DE CARBALLO

O domingo 2 de Xuño celebrase a 10 K de Carballo. Se estás interesado/a en participar, tes ata o mércores 29 de Maio para realizar a inscrición no seguinte enlace.

INSCRICIÓN

martes, 7 de mayo de 2024

APRENDENDO SURFING NA PRAIA

Onte comezaron na praia de Razo as actividades de surf na praia englobadas no proxecto "Aprende a través do Surfing". 

Hoxe tocoulle o turno ao alumnado de quinto de E.Primaria que participou ao longo de toda a mañá nunha xornada de convivencia, onde os nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar do surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

As proximas sesións, se as condicións metereolóxicas e das mareas o permiten, serán nas datas seguintes:

  • Mércores 8 de Maio: 4º E. Primaria.
  • Xoves 9 de Maio: 3º E. Primaria.
  • Venres 10 de Maio: 2º E. Primaria. 
  • Luns 13 de Maio: 1º E. Primaria.





miércoles, 24 de abril de 2024

IX TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron esta semana  o IX Torneo de Bádminton da Cristina. 

Ao longo das próximas semanas celebraranse todos os partidos durante os recreos.

Moita sorte a todos/as!





viernes, 19 de abril de 2024

APRENDENDO SURFING NO COLE

Remataron as sesións da primeira parte do proxecto " Aprende a través do Surfing", que se desenvolveron no noso colexio ao longo do mércores e  xoves desta semana.

Queremos agradecer a Martín e a escola de surf Boaola, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.

Moitas grazas!


lunes, 15 de abril de 2024

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 2024

 


Un ano máis, o noso centro participará no proxecto"Aprende a través do Surfing".

O mércores e xoves desta semana, dous monitores da escola de surf "Boaola", desenvolverán  unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria.

Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia no mes de maio na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

domingo, 14 de abril de 2024

FINAIS DA IV LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3





O luns e o venres terán lugar no recreo as finais da IV Liga escolar de baloncesto 3x3, organizadas polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participou o alumnado de 3º ,4º ,5º e 6º de E.Primaria.

Queremos aproveitar, para darlle as grazas ao Basket Xiria pola súa colaboración no desenvolvemento deste torneo.

Moitas grazas!