BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 6 de abril de 2022

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING PARTE 1.

Hoxe remataron as sesións da primeira parte do proxecto " Aprende a través do Surfing" que se desenvolveron no noso colexio ao longo do luns, martes e mércores desta semana.

Quero agradecer a  Martín e Paco, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.

lunes, 4 de abril de 2022

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING


O noso centro participará de novo durante este curso no proxecto "Aprende a través do Surfing".

O luns, martes e mércores desta semana, dous monitores de surf, Paco e Martín Varela(director da escola de surf "Boaola"), desenvolverán  unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria.

Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia no mes de maio na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

miércoles, 16 de marzo de 2022

RECREOS ACTIVOS. III LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR 3X3.



Mañá comezará no noso centro a III Liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de maio nos recreos dos xoves.

Esta  iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participará o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria.


martes, 21 de diciembre de 2021

BOAS FESTAS A TOD@S!

Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2022.

Boas festas a todos/as!

viernes, 10 de septiembre de 2021

PRESENTACIÓN ASIGNATURA EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2021-2022


Este curso,ao igual que o anterior,  a asignatura de Educación Física vai sufrir modificacións respecto do que viña sendo a “normalidade” para poder cumprir coas medidas de distanciamento social.

Faremos unha serie de rutinas, normas ou protocolos que hai que ter presentes nas nosas sesións e que, aparecen detallados nos arquivos adxuntos de cada curso.

Algunhas das medidas serán un pouco diferenciadoras con respecto aos cursos pasados, sendo conscientes da dificultade que entraña, para a asignatura de Educación Física.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.


👉 Presentación asignatura E. Física 1º,2º,3º,4º e 5º E.P.

👉 Presentación asignatura E.Física 6º E.Primaria.


miércoles, 1 de septiembre de 2021

BENVIDOS/AS AO CURSO 2021/2022!

 


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2021-2022, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.


Espérovos o xoves  da semana que vén para desfrutar movéndonos.

Ata pronto!

martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN A TODOS/AS!


Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 9 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.