BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 22 de junio de 2021

BO VERÁN A TODOS/AS!


Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 9 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.

domingo, 20 de junio de 2021

DESPEDIDA DOS ALUMNOS/AS DE SEXTO CURSO.ATA SEMPRE!




O martes despedídesvos do que foi o voso colexio durante nove cursos para iniciar unha nova etapa. As experiencias vividas nestes anos seguro que vos enchen de entusiasmo para seguir adiante. 

Aínda non se borra da miña memoria aquel primeiro día de clase con vós. Era un día de setembro do ano 2012, cada un cos seus soños baixo o brazo, cos seus medos e pensamentos... Todo era novo, todo era un desafío. Dende ese primeiro día compartimos momentos que nos foron achegando, xogos, risas,etc… Logramos construir un gran grupo do que me sinto moi orgulloso.

Agora iniciades unha nova etapa da vosa vida, unha etapa, na que a ilusión debe ser o máis importante.

Foi un pracer compartir convosco estes nove cursos, que non esquecerei. Espero que non sexa un adeus senón un ata sempre.

Moitas grazas a todos/as.

Ata sempre!

viernes, 4 de junio de 2021

FINAIS DO VI TORNEO DE BÁDMINTON DE 6º DE E.PRIMARIA

Sofía e Mateo Figueiras proclamáronse campións das finais feminina e masculina do VI Torneo de Bádminton da Cristina de 6º de E.Primaria, que se disputou durante os meses de Maio e Xuño.

Na final feminina, Sofía  gañou por dous sets a un a Daniela ( 17-21,21-7 e 21-15).

Na masculina, Mateo Figueiras logrou a victoria por dous sets a cero  (21-9 e 21-12), nun gran partido contra  Nicolás. 

Ao final do partido, os catro finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de 6º curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a todos/as!

Sofía e Daniela

                           Mateo Figueiras e Nicolás

                                 Foto de grupo de 6º"B"

                              Foto de grupo de 6º"A"

RESULTADOS





FINAIS DO VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA DE 5º DE E.PRIMARIA

Sabela e Mario proclamáronse campións das finais feminina e masculina do VI Torneo de Bádminton da Cristina de 5º de E.Primaria, que se disputou durante os meses de Maio e Xuño.

Na final feminina, Sabela  gañou por dous sets a un a Andrea ( 14-21,21-14 e 21-11).

Na masculina, Mario logrou a victoria por dous sets a cero  (21-18 e 23-21), nun emocionante partido, cun estelar Issei como contrincante.

Ao final do partido, os catro finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de 5º curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a todos/as!

Sabela e Andrea

Issei e Mario

                                   Foto de grupo de 5º "A"

                                 Foto de grupo de 5º "B"


                                            RESULTADOS
                                 

lunes, 31 de mayo de 2021

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

 


Hoxe comezaron na praia de Razo os bautismos de surf englobados no proxecto "Aprende a través do Surfing". 

O alumnado de sexto curso de E.Primaria participou ao longo de toda a mañá dunha xornada de convivencia, onde os nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.



Mañá será o turno dos alumnos/as de 5º de E.Primaria.

As proximas sesións, se as condicións metereolóxicas e das mareas o permiten, serán nas datas seguintes:

  • Luns 7 de Xuño: 4º E.Primaria.
  • Martes 8 de Xuño: 3º E.Primaria.
  • Luns 14 de Xuño: 2º E.Primaria.
  • Martes 15 de Xuño: 1º E.Primaria.

jueves, 27 de mayo de 2021

FINALISTAS 6º CURSO DE E.PRIMARIA DO VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 


Sofía,Daniela,Mateo Figueiras e Nicolás son os catro finalistas de 6º de E.Primaria do VI Torneo de Bádminton da Cristina.

A semana que vén xogaranse as dúas finais.

Moita sorte a todos/as.

FINALISTAS 5º CURSO DE E.PRIMARIA DO VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA.


Andrea,Sabela,Issei e Mario son os catro finalistas de 5º de E.Primaria do VI Torneo de Bádminton da Cristina.

A semana que vén xogaranse as dúas finais.

Moita sorte a todos/as.