Foi para min moi
gratificante tervos como alumn@s, xa que hoxe máis que nunca estou
convencido de que o agradecemento e o cariño
reflectidos nas vosas miradas durante a vosa gradación, fai que o traballo de mestre sexa máis placentero e agradezo a cada un de vós que neste
momento me sinta orgulloso
e satisfeito da miña profesión.
Debedes estar moi orgullosos polo alcanzado, pois chegades a cumprir unha meta, pero non ao final do camiño. Aínda
queda un longo treito por percorrer, moitas metas máis por descubrir; debedes
seguir loitando e esforzándovos por alcanzar os vosos soños paso a paso,
vencendo cada un dos obstáculos que teredes que atravesar, pero non
será doado, pois en ocasións haberá caídas, algunhas dolorosas outras
non tanto, pero non esquezades levantarvos, pois con cada caída aprenderedes e gañaredes experiencia que é o que nos fai crecer como
persoas.
Moitas grazas por todo.
Ata pronto!