BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

sábado, 23 de febrero de 2013

GRAN PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS



Valeria Gómez finalizou na vixésima posición ( novena  na clasificación individual) na Fase Final do Campionato Galego escolar de campo a través.
Valeria mantívose durante toda a carreira no grupo de cabeza, realizando unha  carreira de menos a máis.
Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes as sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado pola atleta do noso colexio, é moi meritorio.
Noraboa e moitas grazas polo teu comportamento!!!
Con este Campionato remata a tempada de campo a través escolar, onde o noso centro, estivo presente por segunda tempada  consecutiva, nas catro Fases do Campionato.
Quero darlle as grazas a tod@s os nen@s que participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar mellorar día.
Grazas a tod@s!!!

jueves, 21 de febrero de 2013

REPORTAXE NA TVG2, DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DO PASADO SÁBADO

Comunícanme dende a Televisión de Galicia, que o vindeiro sábado día 23 de Febreiro, na TVG2, a partir das 19 horas, sairá unha reportaxe do Campionato Provincial de Campo a Través celebrado o pasado sábado 16 de Febreiro.
Este mesmo programa repítese o domingo sobre as 14 horas aproximadamente.
O enlace ao programa en Internet, no caso de que non poidades velo en directo, é o seguinte:

VII CARREIRA PEDESTRE POPULAR COSTA DA MORTE


A 7ª Carreira Pedestre Popular Costa da Morte, organizada polo Grupo Correo Gallego e polo Concello de Camariñas, celebrarase o domingo día 3 de marzo de 2013 na localidade de CAMARIÑAS.
Realizaranse catro carreiras de acordo cos seguintes horarios e categorías:


-  10.00 horas - Categorías Xuvenil-Cadete e Infantís
-  11.00 horas – Categorías Alevín-Benxamín
-  11.30 horas -Carreira Pitufos
- 12.00 horas – Categorías Junior-Promesa, Sénior e Veteráns
 CATEGORÍAS E QUILÓMETROS PERCORRIDO:

- PITUFOS: Nen@s que naceron entre o ano 2.006 ó 2.009(400m.)

- BENXAMÍN: Nen@s que naceron nos anos 2004 e 2005 (800m.)

- ALEVÍN: Nen@s nados en 2002 e 2003 (800m.)

-INFANTIL: Nen@s nados nos anos 2000 e 2001 (3.000m.)

INSCRIPCIÓNS: Escolares (data límite o luns 25 de febreiro): a través do centro de ensino, si son da bisbarra da Costa da Morte, ou de forma individual, pero con permiso paterno (os formularios deberán cubrilos no formato orixinal Excell que deberán baixar a través da página web: www.camarinas.net/ e envialos a través do e-mail: fran.puga (arroba) camarinas.dicoruna.es.



Se o seu fillo está interesado en participar nesta proba, póñase en contacto con Suso.


martes, 19 de febrero de 2013

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS



O vindeiro sábado día 23 de febreiro,terá lugar o Campionato Galego de Campo a Través en Guitiriz( Lugo), onde participará a atleta do noso centro Valeria Gómez. 
No enlace que aparece a continuación poden consultar toda a información sobre a proba:

ALEJANDRA IGLESIAS , CAMPIONA GALEGA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO


Alejandra Iglesias Regidor, alumna de 6º curso de E.Primaria, proclamouse campiona galega de salvamento e socorrismo de inverno, no Campionato celebrado na piscina municipal Bergantiños de Carballo.

Noraboa campiona!!!


sábado, 16 de febrero de 2013

" EDUCACIÓN, DEPORTE E VALORES "



O  noso centro contará durante esta semana, cunha exposición itinerante sobre a" Educación, Deporte e Valores". Consta de dezasete paneis despregables e estará aberta no corredor principal do centro, a todo o colectivo escolar.

O deporte ten de seu valores como o traballo en equipo, o respecto polo compañeiro, a delegación de tarefas, a corresponsabilidade, o esforzo en conseguir un obxectivo común, o fomento da superación persoal..., valores todos eles que poden ser aplicables a todos os ámbitos da vida persoal e profesional dos nen@s.

Esta actividade, intenta ser un mecanismo de educación a través do deporte  e unha oportunidade para educar mentres se promove o gusto pola práctica de actividade física e se persegue a creación de hábitos saudables nos moz@s.


Aproveitarei as sesións  de educación física  para que todo o alumnado  do centro a visite e reflexione sobre a importancia de determinados valores do deporte    como : NOBREZA, TOLERANCIA, INTEGRACIÓN, XOGO LIMPO, SAÚDE, DIVERSIÓN...

Estades tod@s invitad@s!

VALERIA GÓMEZ CLASIFICOUSE PARA O CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS



Valeria Gómez clasificouse para disputar o Campionato Galego escolar de campo a través , ao finalizar oitava na Fase Provincial disputada na mañá de hoxe, no circuíto de Acea da Ma( Culleredo)

Por segunda tempada consecutiva, un atleta do noso colexio representaranos no Campionato Galego, que se celebrará en Guitiriz(Lugo), o próximo sábado 23 de Febreiro.

Tamén hai que destacar o 6º posto do equipo alevín feminino, e o bo papel de Lucía Carro e David Pandelo na categoría benxamín.




Noraboa a tod@s!!