BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 31 de enero de 2023

RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMENTOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

 


Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 17 de Marzo en Ferrol, comezamos o próximo mércores 1 de Febreiro os adestramentos.

Aqueles nenos/as que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Adestraremos  todos  os martes, mércores e xoves.

Anímate!

jueves, 19 de enero de 2023

RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 


A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron no Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  trece nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o próximo venres 17 de Marzo en Ferrol.


Noraboa a todos/as!

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL 


HUGO CASTRO LADO (5º Benxamín masculino)


      XURXO PEREIRO MÉNDEZ (7º Benxamín masculino)

     NOA LEMA FERNÁNDEZ (2ª Benxamín feminino)

MARA GARCÍA SUÁREZ (7ª Benxamín feminino)

JULIA GARCÍA REMUIÑÁN (1ª Alevín feminino)

LUNA LORENZO ANTELO (7ª Alevín feminino)

NURIA CASTRO GARCÍA (4ª Infantil feminino)

 * CLASIFICAN OS/AS 10 PRIMEIROS/AS ATLETAS DE  CADA CATEGORÍA.

*C

EQUIPO INFANTIL MASCULINO

2º CLASIFICADO

HUGO GARCÍA CASTRO

NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ

MAURO FIGUEIRA QUEIRO

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ

RODRIGO RAMA MALLO

MANUEL POMBO MIRA

 

* CLASIFICAN OS DOUS MELLORES EQUIPOS DE CADA CATEGORÍA.

sábado, 14 de enero de 2023

GRAN PAPEL DOS NOSO/AS ATLETAS NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

De moi boa se pode calificar a participación dos/as atletas do noso colexio no Campionato Intercomarcal de campo a través celebrado esta mañá no parque de Acea da Má(Culleredo), xa que, agardando a que Deporte Escolar publique as clasificacións definitivas, teremos unha nutrida representación no Campionato Provincial que se celebrará o vindeiro 17 de Marzo  en Ferrol.

Destacar o excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
 
Moitas Grazas! 

Noraboa a     todos/as polo voso esforzo!!!!

FOTO DE TODO O EQUIPO
 EQUIPO BENXAMÍN FEMININO
 EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO
 
EQUIPO ALEVÍN FEMININO
 
UXÍA E NURIA INFANTIL FEMININO
 
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
 

lunes, 9 de enero de 2023

CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O próximo sábado 14 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque de Acea da Má (Culleredo) o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán vinte e seis alumnos/as do noso centro.

Os nenos/as  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 9.30 horas desde o aparcamento do centro comercial Bergantiños-Gadis.

Está previsto chegar  de volta a Carballo entre as  13 e as 13.15 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída. 

Moita sorte a todos/as! 

jueves, 22 de diciembre de 2022

BOAS FESTAS A TODOS/AS!

Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2023.

Boas festas a todos/as!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que, vinte  e seis nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o sábado 14 de Xaneiro do 2023, no circuito do parque  de Acea da Má( Culleredo)

Ás cinco medallas colleitadas, e á clasificación de dúas atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos , xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.

Noraboa a todos/as!

RELACIÓN DE ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL 

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL

                    UXÍA PEREIRO MÉNDEZ  (4ª Infantil feminino)

NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Infantil feminino) 

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS

BENXAMÍN MASCULINO 1º CLASIFICADO

GAEL MÉNDEZ ABELENDA

HUGO CASTRO LADO

XURXO PEREIRO MÉNDEZ

XIÁN ROMERO VARELA

XAVI SOLÉ RODRÍGUEZ

MANUEL ALLONES CASTRO

BENXAMÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

NOA LEMA FERNÁNDEZ

MARA GARCÍA SUÁREZ

NOA OTERO MELLA

MARTINA RODRÍGUEZ TORRADO

MARTINA LAVANDEIRA POSE

KHAOULA JOUHARI

ALEVÍN FEMININO 2º CLASIFICADO

JULIA GARCÍA REMUIÑAN

PAULA BOLÓN COTELO

CARLA TRIGO MATO

LUNA LORENZOANTELO

VICTORIA RAMOS VARELA

LUCÍA LOIS COUSILLAS

INFANTIL MASCULINO 1º CLASIFICADO

HUGO GARCÍA REMUIÑAN

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ

NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ

MAURO FILGUEIRA QUEIRO

RODRIGO RAMA MALLO

MANUEL POMBO MIRA

lunes, 19 de diciembre de 2022

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 99 atletas do noso centro,os que participarán mañá martes 20 de decembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade.

As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Craballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

11.00:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.30:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.15:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!