BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 19 de diciembre de 2022

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 99 atletas do noso centro,os que participarán mañá martes 20 de decembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade.

As probas desenvolveranse no circuito permanente do polígono industrial de Craballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

11.00:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.30:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.15:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!

viernes, 25 de noviembre de 2022

FOI CLIC AO TEU BOCATA

 

Hoxe tres científicos mariños achegáronse ao noso colexio para explicar aos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e os animais que o habitan, así como as diferentes artes de pesca, o saudables que son as conservas e como facer bocadillos con elas.

O proxecto da Consellería do Mar  serviu aos nenos e nenas para aprender que as conservas son moi saudables, con altas propiedades nutricionais e, ademais, que teñen un sabor moi bo, algo que puideron comprobar eles mesmos ao degustar bocadillos con diferentes conservas e as preparacións máis creativas.

Nunha xornada moi dinámica e participativa, con preguntas e vídeos animados explicando esta campaña da Xunta, o noso alumnado descubriu que as conservas de peixe e marisco son unha fantástica e deliciosa opción para poñer no medio do pan.

Ademais, ao finalizar o taller, todos/as recibiron obsequios para lembrarlles a importancia de coidar o mar e consumir peixe.

 











jueves, 10 de noviembre de 2022

DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2022-2023

 

 As datas para as distintas fases de Campo a través escolar 2022/2023 son as seguintes:

  • Fase Local de Carballo : martes 20 de decembro do 2022, no circuito do Polígono  Industrial de Bértoa.
  • Campionato Intercomarcal:  no circuito do parque dos Menhíres ( A Coruña).Pendente de confirmación da data.
  • Campionato Provincial centros escolares:17 de marzo de 2023. Pendente de confirmación da sede.

miércoles, 14 de septiembre de 2022

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 


A Semana Europea da Mobilidade celébrase todos os anos do 16 ao 22 de setembro, e ao longo destes sete días desenvolveranse no concello de Carballo diferentes iniciativas.

Un ano máis haberá andainas, rutas en bicicleta, xornadas lúdicas, chequeo da accesibilidade e promoción da mobilidade sostible para accións tan cotiáns como ir traballar ou mercar á feira.

Tamén conta coa implicación dos centros escolares, que este ano serán escenarios da presentación do xogo Cicl-Ando Carballo, que conta con taboleiro, fichas, cartas e manual de instrucións para que os nenos e as nenas aprendan a moverse con máis seguridade polas rúas ao tempo que avanzan polo taboleiro de xogo.


  👉INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO DE CARBALLO


PRESENTACIÓN ASIGNATURA DE EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2022-2023

 



jueves, 1 de septiembre de 2022

BENVIDOS/AS AO CURSO 2022-2023

 


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2022-2023, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.


Espérovos o xoves  da semana que vén para desfrutar movéndonos.

Ata moi pronto!

miércoles, 22 de junio de 2022

BO VERÁN A TODOS/AS!

 

Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 8 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.