BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

martes, 21 de junio de 2022

DESPEDIDA DOS ALUMNOS/AS DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


Mañá despedídesvos do que foi o voso colexio durante nove cursos para iniciar unha nova etapa.

Foi un pracer compartir convosco estes nove cursos que non esquecerei. Espero que non sexa un adeus senón un ata sempre.

Grazas por todo, grazas por vir, grazas por estar, grazas por rir, grazas por gozar das clases, grazas polo voso esforzo, grazas pola vosa actitude, grazas pola vosa colaboración, grazas por encher de vida o ximnasio, e agardo que nos volvamos ver nalgún momento

Ata sempre!


jueves, 9 de junio de 2022

RODRIGO E TIRSO CAMPIÓNS DO VII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA


Rodrigo e Tirso proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E.Primaria do VII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os  meses de maio e xuño.

Na final de quinto curso, Rodrigo  gañou por dous sets a un a Uxía ( 21-16,19-21 e 21-10).

Na final de sexto curso,Tirso logrou a victoria por dous sets a cero ante  Daniel (21-6 e 21-13).

Ao final do partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de  cada curso, unha medalla de recordo.

Noraboa a tod@s!





jueves, 2 de junio de 2022

FINALISTAS DO VII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA 2022

Uxía, Rodrigo, Tirso e Daniel , clasificáronse para as  finais de 5º e 6º de E.Primaria do VII Torneo de Bádminton da Cristina 2022.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:
  • Uxía & Pablo Amarelle: 14-21,21-18, 23-21.
  • Rogrigo & Gael: 21-16, 22-20.
  • Daniel & Carmen: 21-16, 21-12.
  • Tirso & Manuel Souto: 21-15, 21-17.
A semana que vén terán lugar as dúas finais.

martes, 24 de mayo de 2022

X CARREIRA POPULAR 10K CONCELLO DE CARBALLO

O domingo 5 de Xuño celebrase a X Carreira popular de Carballo. Se estás interesado/a en participar, tes ata o martes 30 de Maio para realizar a inscrición no seguinte enlace.

INSCRICIÓN

viernes, 13 de mayo de 2022

V CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "V Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.




 

jueves, 5 de mayo de 2022

VII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA.

 


Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron esta semana o VII Torneo de Bádminton da Cristina. Ao longo das próximas semanas celebraranse os partidos nas clases de educación física e nos recreos.

Moita sorte a todos/as!




miércoles, 4 de mayo de 2022

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING PARTE 2.



Este luns comezaron na praia de Razo as actividades de surf na praia englobadas no proxecto "Aprende a través do Surfing". 

O alumnado de primeiro  de E.Primaria participou ao longo de toda a mañá dunha xornada de convivencia, onde os nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar do surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

As proximas sesións, se as condicións metereolóxicas e das mareas o permiten, serán nas datas seguintes:

  • Martes 3 de Maio: 2º E. Primaria.
  • Mércores 4 de Maio: 3º E. Primaria.
  • Xoves 5 de Maio: 4º E. Primaria.
  • Venres 6 de Maio: 5º E. Primaria.
  • Luns 9 de Maio: 6º E. Primaria.