O domingo 5 de Xuño celebrase a X Carreira popular de Carballo. Se estás interesado/a en participar, tes ata o martes 30 de Maio para realizar a inscrición no seguinte enlace.
BENVIDA
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
martes, 24 de mayo de 2022
viernes, 13 de mayo de 2022
V CARREIRA POLA LINGUA DO CEIP A CRISTINA
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "V Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.
jueves, 5 de mayo de 2022
VII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA.
Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron esta semana o VII Torneo de Bádminton da Cristina. Ao longo das próximas semanas celebraranse os partidos nas clases de educación física e nos recreos.
Moita sorte a todos/as!
miércoles, 4 de mayo de 2022
APRENDE A TRAVÉS DO SURFING PARTE 2.
Este luns comezaron na praia de Razo as actividades de surf na
praia englobadas no proxecto "Aprende a través do Surfing".
O
alumnado de primeiro de E.Primaria
participou ao longo de toda a mañá dunha xornada de convivencia, onde os
nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar do surf, coñecer a cultura
oceánica e experimentar todos os valores do surfing.
As proximas sesións, se as condicións
metereolóxicas e das mareas o permiten, serán nas datas seguintes:
- Martes 3 de Maio:
2º E. Primaria.
- Mércores 4 de
Maio: 3º E. Primaria.
- Xoves 5 de Maio:
4º E. Primaria.
- Venres 6 de Maio:
5º E. Primaria.
- Luns 9 de Maio: 6º E. Primaria.
miércoles, 6 de abril de 2022
APRENDE A TRAVÉS DO SURFING PARTE 1.
Hoxe remataron as sesións da primeira parte do proxecto " Aprende a través do Surfing" que se desenvolveron no noso colexio ao longo do luns, martes e mércores desta semana.
Quero agradecer a Martín e Paco, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.
lunes, 4 de abril de 2022
APRENDE A TRAVÉS DO SURFING
O noso centro participará de novo durante este curso no proxecto "Aprende a través do Surfing".
miércoles, 16 de marzo de 2022
RECREOS ACTIVOS. III LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR 3X3.
Esta iniciativa está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.
Nela participará o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria.







.jpg)

.jpg)





