Boas festas!
BENVIDA
Ola a tod@s!
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
jueves, 19 de diciembre de 2019
PDC.1ª SAN SILVESTRE SOLIDARIA DA CRISTINA
Aínda que as condicións metereolóxicas non nos acompañaron e tivemos que cambiar o espazo previsto inicialmente, hoxe celebramos no ximnasio a 1ª Carreira Solidaria da Cristina, no que o importante foi a solidariedade amosada pola comunidade educativa do noso centro, aportanto unha cantidade moi importante de alimentos e material de aseo, etc...para Cáritas parroquial de Carballo.
Grazas pola vosa colaboración!
sábado, 30 de noviembre de 2019
PDC. CLASIFICAD@S PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada onte, e podemos dicir, que estamos de
noraboa, xa que, trinta e catro nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Intercomarcal de campo a través, que se
celebrará o sábado 18 de Xaneiro do 2020, no circuito do parque dos Menhires( A Coruña)
Ás catro medallas colleitadas, e á clasificación de dez atletas de
maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron
moi bos , xa que, acadamos dous primeiros e dous segundos postos.
RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL
GUILLERMO PASTORIZA CARBAJALES ( 2º Infantil masculino)
TIRSO RAMOS VARELA (1º Alevín masculino)
ÁNGEL TRIGO MATO(4º Alevín masculino)
DANIEL FRADE SUÁREZ(5º Alevín masculino)
MATEO FIGUEIRAS POSE(7º Alevín masculino)ANTÍA CANCELA MARTÍNEZ(6ª Alevín Feminino)
CLAUDIA MUÑIZ TRIGO(7ª Alevín feminino)
HUGO GARCÍA REMUIÑÁN ( 1 º Benxamín masculino)
NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ( 3º Benxamín masculino)
NURIA CASTRO GARCÍA ( 6ª Benxamín feminino)
CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO (1º clasificado)
ROMÁN RAMA MARTÍNEZ
RODRIGO RAMA MALLO
ABEL ANTELO FRAGA
GAEL ROMERO VARELAADRIÁN BUSTELO GARCÍA
NICOLÁS POSE MÉNDEZ
EQUIPO BENXAMÍN FEMININO (2º clasificado)
CARLA TRIGO MATO
UXÍA PEREIRO MÉNDEZ
MAYRA MOUZO LEMA
CARMEN GARCÍA ROEL
DANIELA SUÁREZ ÁLVAREZ
LAURA VILARES SOUTO
EQUIPO ALEVÍN MASCULINO (1º clasificado)
ISSEI MATEO SUÁREZ KITAHORI
MANUEL GARCÍA CABEZA
LEO LEMA FERNÁNDEZ
IZAN PENA MOURADANIEL TAIBO TASENDE
DIEGO FIGUEIRA QUINTÁNS
EQUIPO ALEVÍN FEMININO(2ºclasificado)
SABELA RODRÍGUEZ DUBRA
DANIELA ALFEIRÁN ESPIÑO
AINHOA DÍAZ SIEIRA
LUCÍA MARÍA VILLASENÍN FACAL
LÍA NÚÑEZ GONZÁLEZ
NORABOA A TODOS/AS!
viernes, 29 de noviembre de 2019
PDC. O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PDC- CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2019-2020
O noso centro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.
O
obxectivo deste programa é o de actuar como dinamizador e promotor de
hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes
no seu ámbito de influencia.
Buscamos
que o 100% dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de
como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no-
lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de
vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a
práctica de actividade física de calidade.
O
obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando
hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida,
dende a infancia ata a vellez.
PDC.BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
Un ano máis,os nosos/as atletas tiveron unha destacada participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das" Eiroas".
O noso centro estivo representado por 94 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Tirso Ramos e Hugo García; a de plata de Guillermo Pastoriza e a de bronce de Nicolás Lema.
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e posiblemente dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o sábado 18 de Xaneiro do 2020 no circuito do Parque dos Menhires( A Coruña).
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas a Nerea, Chus, Lucía e Sarai , polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!
Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de tódolos pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
Moitas Grazas!
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
EQUIPO INFANTIL FEMININO
EQUIPO ALEVÍN MASCULINO
EQUIPO ALEVÍN FEMININO
EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO
EQUIPO BENXAMÍN FEMININO
GUILLERMO PASTORIZA 2º CLASIFICADO INFANTIL MASCULINO
TIRSO RAMOS 1º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO
NICOLÁS LEMA E HUGO GARCÍA
3º E 1º CLASIFICADOS BENXAMÍN MASCULINO
lunes, 25 de noviembre de 2019
PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2019
Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.
As probas desenvolveranse no circuito do campo de fútbol das Eiroas de Carballo.
Os horarios das probas serán os seguintes:
11.00: Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15: Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria)
11.30: Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria)
11.45: Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria)
12.00: Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria)
Moita sorte a tod@s!
martes, 19 de noviembre de 2019
PDC.RECREOS ACTIVOS:SEGUNDA LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR
Esta iniciativa está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.
Nela participan os alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















