BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 29 de noviembre de 2019

PDC.BRILLANTE PAPEL DOS NOS@S ATLETAS NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Un ano máis,os nosos/as atletas tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das" Eiroas".

O noso centro estivo representado por 94 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.

Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Tirso Ramos e Hugo García; a de plata de Guillermo Pastoriza e a de bronce de Nicolás Lema.

A todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as e  posiblemente  dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o  sábado 18 de Xaneiro do 2020 no circuito do Parque dos Menhires( A Coruña).
  
Quero aproveitar esta entrada, para dar as grazas  a Nerea, Chus, Lucía e Sarai , polo seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da xornada de hoxe. Moitas grazas!

Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de tódolos pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
Moitas Grazas! 

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!



EQUIPO INFANTIL MASCULINO

EQUIPO INFANTIL FEMININO

EQUIPO ALEVÍN MASCULINO

EQUIPO ALEVÍN FEMININO

EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO

EQUIPO BENXAMÍN FEMININO

GUILLERMO PASTORIZA  2º CLASIFICADO INFANTIL MASCULINO

TIRSO RAMOS 1º CLASIFICADO ALEVÍN MASCULINO

NICOLÁS LEMA E HUGO GARCÍA
3º E 1º CLASIFICADOS BENXAMÍN MASCULINO

lunes, 25 de noviembre de 2019

PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2019


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 94 atletas do noso centro,os que participarán o próximo venres 29 de novembro( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

As probas desenvolveranse no circuito do campo de fútbol das Eiroas de Carballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!


martes, 19 de noviembre de 2019

PDC.RECREOS ACTIVOS:SEGUNDA LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR

   

           
        
Hoxe comezou no noso centro a II liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de Marzo nos recreos dos martes .

Esta  iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participan os alumnos/as de 3º e 4º de E.Primaria.

miércoles, 23 de octubre de 2019

PDC. DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR



As datas para as distintas fases de Campo a través escolar 2019/2020 son as seguintes:
  • Fase Local de Carballo : venres 29 de novembro no circuito do Polígono  Industrial de Bértoa.
  • Fase Intercomarcal: Sábado 18 de xaneiro do 2020 no circuito do parque dos Menhíres( A Coruña)
  • Fase Provincial clubs e colexios: Sábado 1  de febreiro  de 2020 na Pobra do Caramiñal ( A Coruña)
  • Fase Provincial de centros educativos: venres  6 de marzo  de 2020 en Carballo( A Coruña)
  • Campionato  Galego: Sábado 15 de  febreiro do 2020 en Pontevedra.

martes, 17 de septiembre de 2019

PDC. COMEZARON OS RECREOS ACTIVOS.


Despois da boa acollida que tiveron o curso pasado,hoxe comezaron os "recreos activos", coa idea de mellorar a organización e convivencia durante os períodos de recreo.

Os obxectivos desta proposta son:
 

1)  Estimular as habilidades sociais de respecto, traballo en equipo e deportividade durante os recreos.

2) Crear un ambiente de recreos positivo e activo que mellore o clima interno do colexio onde a conciencia intergrupal, solidariedade, o respecto e a tolerancia sexan o eixo vertebrador dos tempos de descanso e esparexemento.

Ao igual que no curso pasado,establecéronse 4 zonas diferentes de xogo acorde a un calendario rotatorio , onde os alumn@s poden participar   segundo as súas preferencias e intereses .

Estas zonas de xogo son as seguintes:

Zona 1. Xogos tradicionais(trompos, canicas,diábolos,bolos,zancos,etc...)
Zona 2. Cachibol e xogos tradicionais( tres en raia, mariolas,twister)
Zona 3. Bádminton e Ultimate.
Zona 4. Fútbol( cada curso participa só unha vez á semana) e baloncesto.

Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda dalgúns alumn@s de 6º de E.Primaria.




lunes, 16 de septiembre de 2019

PDC.BICIBÚS & EDUCACIÓN VIAL.


Englobada dentro das actividades da Semana Europea da Mobilidade que organiza o concello de Carballo, hoxe arrancou  o bicibús, sendo o noso centro o que inaugurou este ano a experiencia, que consiste en que os nenos e as nenas vaian ao cole en bici.

Esta actividade  desenvolveuna o voluntariado do Club Ciclista Carballo a un Paso, organizando na pista polideportiva,un circuito de seguridade viaria na que participou o alumnado do noso centro ao longo de toda a mañá.








martes, 3 de septiembre de 2019

BENVID@S AO CURSO 2019-2020


Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2019-2020, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.

Espérovos o mércores 11 de setembro para disfrutar movéndonos.

Ata ao mércores!