BENVIDA
Ola a tod@s!
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
lunes, 29 de abril de 2019
PDC. RECREOS ACTIVOS: " V TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA "
martes, 26 de marzo de 2019
PDC.RESULTADOS MES DE MARZO DA LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3
Durante este mes de Marzo disputáronse seis partidos da Liga escolar de baloncesto 3x3 cos seguintes resultados:
RESULTADOS
WARRIORS-LOS JUGADORES: O-1
WIGETTA-HOBERGHC: 6-4
LOS LOBOS-WARRIORS: 2-5
LOS RAYOS-LOS ARRASADORES: 3-2
LOS VENCEDORES-LOS INVENCIBLES: 5-0
LOS RAYOS-LOS ALFAS: 4-6
CLASIFICACIÓN
1. LOS ALFAS 7 ptos
2. LOS LOBOS 5 ptos
3. WARRIORS 5 ptos
4. LOS RAYOS 5 ptos
3. WARRIORS 5 ptos
4. LOS RAYOS 5 ptos
5. LOS ARRASADORES 4 ptos
6. WIGETTA 4 ptos
7. LOS VENCEDORES 4 ptos
8. HOBERGHC 3 ptos
9. LOS INVENCIBLES 3 ptos
10. LOS JUGADORES 3 ptos
11. LOS JORDAN 2 ptos
11. LOS JORDAN 2 ptos
martes, 26 de febrero de 2019
PDC. RESULTADOS DA LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3
Durante este mes de Febreiro disputáronse 10 partidos da Liga escolar de baloncesto 3x3. Os nenos/as están disfrutando desta nova experiencia, onde os partidos están sendo moi igualados.
Quedan por celebrar 14 partidos ata finais do mes de Abril.
RESULTADOS
LOS INVENCIBLES-LOS RAYOS: 1-3
WIGETTA-LOS JORDAN: 4-6
LOS ARRASADORES- LOS ALFAS: 6-5
LOS JUGADORES- LOS LOBOS: 0-1
WARRIORS – HOBERGHC: 6-3
LOS ALFAS- LOS INVENCIBLES: 6-1
LOS VENCEDORES- LOS ARRASADORES: 2-3
LOS LOBOS – WIGETTA: 1-0
HOBERGHC-LOS JORDAN: 1-5
LOS ALFAS- LOS VENCEDORES: 3-2
CLASIFICACIÓN
1. LOS ALFAS 5 ptos
2. LOS LOBOS 4 ptos
3. LOS ARRASADORES 3 ptos
4. LOS JORDAN 2 ptos
5. WARRIORS 2 ptos
6. WIGETTA 2 ptos
7. HOBERGHC 2 ptos
8. LOS VENCEDORES 2 ptos
9. LOS RAYOS 2 ptos
10. LOS INVENCIBLES 2 ptos
11. LOS JUGADORES 1 ptos
viernes, 22 de febrero de 2019
PDC. DESTACADO PAPEL DOS NOSOS/AS ATLETAS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
Os nove atletas que representaron ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, celebrado esta mañá no circuito de San Lázaro de Noia,tiveron unha destacada participación.
A nivel individual os resultados foron os seguintes:
- Tirso Ramos( 4º clasificado benxamín masculino)
- Guillermo Pastoriza( 6º clasificado alevín masculino)
- Nuria Castro ( 32ª clasificada benxamín feminino)
Tamén destacar o quinto posto do equipo infantil feminino formado por: Estela Souto, Ainara Cancela,Nerea Alonso, Iria Bustelo, Noa Pena e Nerea Cobas.
Noraboa e moitas grazas a todos/as polo voso esforzo e comportamento!!!
Comentar que a proba celebrouse nunha modélica instalación, que conta con pista de atletismo e baixo unha organización de dez.Penso que Noia é un espello onde se debería mirar o concello de Carballo, facendo unha pista de atletismo que moitos/as demandamos desde hai moitos anos.
Con
este campionato ponse punto final á tempada de campo a través por
este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de moi boa, xa
que, o noso centro estivo presente por oitava vez consecutiva no Campionato Provincial.
Quero darlle as grazas a todos/as os nenos/as que
participaron esta tempada nas distintas Fases, polo seu esforzo
e comportamento, e animarvos, a seguir esforzándovos para intentar
mellorar día.
lunes, 18 de febrero de 2019
PDC.CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
Todos/as chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte os mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.
lunes, 4 de febrero de 2019
PDC.RECREOS ACTIVOS. MAÑÁ COMEZA A LIGA ESCOLAR DE BALONCESTO 3X3
Mañá comeza no noso centro a liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de Abril nos recreos dos martes .
Esta nova iniciativa está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.
miércoles, 30 de enero de 2019
PDC. ADESTRAMOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS
De cara a preparar o Campionato Provincial de campo a través que se celebrará o próximo 22 de Febreiro en Noia, comezamos mañá os adestramentos.
Aqueles nen@s que queiran adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.
Adestraremos todos os xoves e venres.
Anímate!
Anímate!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





