BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 20 de noviembre de 2017

PDC.INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017


Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 92 atletas do noso centro, os que participarán o vindeiro venres 24( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.

Os horarios das probas serán  os seguintes:

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 

Moita sorte a tod@s!




ARTIGOS  NA PRENSA LOCAL

                                                     
                                                     LA VOZ DE GALICIA


DIARIO DE BERGANTIÑOS

jueves, 16 de noviembre de 2017

PDC.1ª XORNADA DA II MINIOLIMPIADA 6º PRIMARIA

Hoxe celebramos a 1ª Xornada da II Miniolimpiada de 6º de E.Primaria, coas probas de resistencia e velocidade . Os nen@s  amosaron  un gran nivel nas dúas probas.










miércoles, 15 de noviembre de 2017

PDC. 2ª XORNADA DA II MINIOLIMPIADA 5º PRIMARIA

Hoxe celebramos a 2ª Xornada da II Miniolimpiada de 5º de E.Primaria, coa proba de lanzamento de vortex.
A clasificación está moi igualada e a proba de salto de altura do luns, decidirá o equipo gañador. A emoción está asegurada!







lunes, 13 de noviembre de 2017

PDC. 1ª XORNADA DA II MINIOLIMPIADA 5º PRIMARIA

Hoxe celebramos a 1ª Xornada da II Miniolimpiada de 5º de E.Primaria, coas probas de resistencia,velocidade e salto de lonxitude. Os nen@s  disfrutaron moito participando e animando aos seus compañeir@s.














domingo, 12 de noviembre de 2017

PDC. 2ª MINIOLIMPIADA


Os alumn@s de 5º e 6º de E.Primaria para rematar a unidade didáctica de Atletismo, desenvolverán unha Miniolimpiada.Comezamos o 13 de Novembro. 

sábado, 11 de noviembre de 2017

PDC.O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PROGRAMA PDC-CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2017-2018



O noso centro foi admitido no programa PDC(Proxecto deportivo de centro)- Centros activos e saudables, englobado no Plan Proxecta.

O obxectivo deste programa é o de actuar  como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia. 

Buscamos que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.

O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017


O vindeiro venres 24 de Novembro, celebrarase no circuíto do Polígono Industrial de Carballo( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan), a Fase Local de Campo a través escolar, onde participará unha nutrida representación de alumnos/as do noso centro.

A principios da semana que vén, os nenos/as que xa se inscribiron, recibirán unha nota informativa, onde explicarásevos todos os detalles da citada proba.

Un saúdo.