Hoxe celebramos a 1ª Xornada da II Miniolimpiada de 6º de E.Primaria, coas probas de resistencia e velocidade . Os nen@s amosaron un gran nivel nas dúas probas.
BENVIDA
Ola a tod@s!
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
jueves, 16 de noviembre de 2017
miércoles, 15 de noviembre de 2017
PDC. 2ª XORNADA DA II MINIOLIMPIADA 5º PRIMARIA
Hoxe celebramos a 2ª Xornada da II Miniolimpiada de 5º de E.Primaria, coa proba de lanzamento de vortex.
A clasificación está moi igualada e a proba de salto de altura do luns, decidirá o equipo gañador. A emoción está asegurada!
lunes, 13 de noviembre de 2017
PDC. 1ª XORNADA DA II MINIOLIMPIADA 5º PRIMARIA
Hoxe celebramos a 1ª Xornada da II Miniolimpiada de 5º de E.Primaria, coas probas de resistencia,velocidade e salto de lonxitude. Os nen@s disfrutaron moito participando e animando aos seus compañeir@s.
domingo, 12 de noviembre de 2017
PDC. 2ª MINIOLIMPIADA
Os alumn@s de 5º e 6º de E.Primaria para rematar a unidade didáctica de Atletismo, desenvolverán unha Miniolimpiada.Comezamos o 13 de Novembro.
sábado, 11 de noviembre de 2017
PDC.O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PROGRAMA PDC-CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES 2017-2018
O obxectivo deste programa é o de actuar como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia.
Buscamos que o 100% dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no no- lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade.
O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.
miércoles, 1 de noviembre de 2017
PDC. FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017
A principios da semana que vén, os nenos/as que xa se inscribiron, recibirán unha nota informativa, onde explicarásevos todos os detalles da citada proba.
Un saúdo.
jueves, 12 de octubre de 2017
PDC. COMEZARON OS RECREOS ACTIVOS!
O pasado dous de Outubro comezaron os "recreos activos", coa idea de mellorar a organización e convivencia durante os períodos de recreo.
Os obxectivos desta proposta son:
1) Estimular as habilidades sociais de respecto, traballo en equipo e deportividade durante os recreos.
2) Crear un ambiente de recreos positivo e activo que mellore o clima interno do colexio onde a conciencia intergrupal, solidariedade, o respecto e a tolerancia sexan o eixo vertebrador dos tempos de descanso e esparexemento.
Establecéronse 4 zonas diferentes de xogo acorde a un calendario rotatorio , os alumn@s poden participar segundo as súas preferencias e intereses .
Estas zonas de xogo son as seguintes:
Zona 1. Xogos tradicionais(trompos, canicas,diábolos,bolos)
Zona 2. Voleibol-Cachibol e xogos tradicionais( tres en raia, mariolas,twister)
Zona 3. Brilé e Balonmán.
Zona 4. Fútbol( cada curso participa só unha vez a semana) e baloncesto.
Ademais cada curso dispón de cordas para facer xogos como saltar á comba,etc...
Para organizar as zonas e distribuir o material, contamos coa inestimable axuda dalgúns alumn@s de 6º de E.Primaria.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















