BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 16 de enero de 2017

PDC.COÑECE O MEU CLUB. ESCOLAS LUIS CALVO SANZ- BERGANTIÑOS F.C


Dentro das actividades do programa Xogade integrado no PDC (Proxecto deportivo de centro), englobado no Plan Proxecta,está a actividade “Coñece o meu club”. 

Esta actividade ten unha dobre intención, por un lado, que os clubs crezan fomentando o deporte de base e por outro, preténdeselles facilitar aos escolares o coñecemento dos recursos deportivos dispoñibles na súa poboación, ofrecer- lles unha alternativa de ocupación para o seu tempo de ocio e fomentar a práctica de actividade física da nosa poboación escolar, colaborar na consecución de hábitos cada vez máis activos.

Mañá, visítannos as "Escolas Luis Calvo Sanz" e o Bergantiños F.C para facer unha presentación ao alumnado de 5º e 6º de E.Primaria do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións...)


miércoles, 11 de enero de 2017

ACROSPORT: 5º E 6 DE E.PRIMARIA

Os alumn@s de 5º e 6º de E.Primaria desenvolveron durante o mes de Decembro, unha unidade didáctica de Acrosport.

Co Acrosport  formamos  figuras e pirámides corporais con acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como transicións dunhas figuras a outras.

Os elementos de danza, saltos e piruetas ximnásticas como compoñente coreográfico outórganlle a este deporte o seu grao  artístico.

Desde este blog, quero agradecerlle a Daniel, o seu excelente traballo no desenvolvemento desta unidade, e  a reportaxe fotográfica que podedes ver a continuación.

Moitas grazas!



martes, 10 de enero de 2017

PDC.RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMOS PARA O CAMPO A TRAVÉS.


Ola a tod@s!
Xa quedan poucos días para que se celebre a Fase Intercomarcal de campo a través, e como todos os anos, aqueles nen@s que queiran preparar voluntariamente a proba, poden achegarse nos recreos ao ximnasio para adestrar, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.

Esta semana adestraremos o xoves. A próxima semana,  o Luns, Mércores e Xoves.

Anímate!








lunes, 19 de diciembre de 2016

BO NADAL E FELICES FESTAS


Quero aproveitar estas datas, para desexarvos un bo Nadal e un deportivo 2017.

Boas festas!!!

viernes, 9 de diciembre de 2016

DISFRUTA DA DANZA NO NADAL

"EL LAGO DE LOS CISNES"

Teatro Colón A Coruña
"EL CASCANUECES"


Teatro Colón A Coruña

"DON QUIJOTE" DE BALLET NORTE
Ballet en tres actos, basado no capítulo XIX do segundo libro do "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha‘ "de Miguel de Cervantes Saavedra.

 
Teatro Colón A Coruña

4ª PEDESTRE DO ANLLÓNS- TROFEO DE NADAL


O vindeiro sábado 17 de decembro celebrarase en Carballo a 4ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal, organizada polo club deportivo Os Muditos xunto coa Federación Galega de Atletismo e a empresa Viraxes.

Anímate e participa!

viernes, 2 de diciembre de 2016

PDC.INFORMACIÓN SOBRE O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS


De cara a ir organizando e planificando o Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, é importante que os nen@s clasificados e as súas familias teñan en conta o seguinte:

* DATA: Sábado 21 de Xaneiro de 2017

* LUGAR: Circuito do parque dos Menhires ( A Coruña). 

* TRASLADO:
Os nen@s  serán trasladados  ao lugar da proba nun autobús acompañados polo  seu mestre de educación física.

Ao igual que na Fase Local celebrada en Carballo, clasificaranse para o Campionato Provincial, os oito primeiros clasificados de cada categoría e os dous primeiros equipos.

O Campionato Provincial celebrarase o sábado 18 de Febreiro, no circuito da praia de Cabio ( A Pobra do Caramiñal)

Se o seu fill@ non pode acudir á proba,comuníquello ao mestre de educación física á volta das vacacións de Nadal. Deste xeito, convocaríase a outro nen@, tendo en conta as clasificacións da Fase Local celebrada en Carballo.

Toda esta información, seralles remitida no mes de Xaneiro.

Moitas grazas pola súa colaboración.