BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

miércoles, 14 de enero de 2015

O CONCELLO DE CARBALLO ORGANIZA UN CURSO DE PSICOMOTRICIDADE E OUTRO DE INICIACIÓN ÁS HABILIDADES DE LOITA




A Concellaría de Deportes do concello de Carballo informa de que está aberto o prazo para anotarse en dúas actividades. En primeiro lugar ofértase un curso de psicomotricidade, habilidades motrices e dominio corporal, dirixido a nenos e nenas de tres a cinco anos; en segundo, un curso de iniciación ás habilidades de loita, destinado a nenos e nenas de seis a nove anos. As clases serán os mércores e os venres ás 16.00 horas a partir do mércores 14 de xaneiro. Para participar, só hai que cumprimentar a folla de inscrición  e entregala las oficinas de Carballo Deporte situadas na rúa Vila de Corcubión.

lunes, 12 de enero de 2015

INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS 2015

O vindeiro venres 16 de Xaneiro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán 74 alumn@s do noso centro.

Os nen@s participantes virán ao colexio no seu horario habitual( 9.05 a 14.05 h) e serán trasladados ao lugar da proba en autobuses acompañados por varios mestres.


Os horarios orientativos das probas son os seguintes:



Hora

Categoría

Curso

Distancia aprox.

10.45

Infantil mas.

6º E.P

1.200 m

11.00

Infantil fem.

6º E.P

800 m

11.15

Alevín mas.

4º e 5º E.P

800 m

11.30

Alevín fem.

4º e 5º E.P

600 m

11.45

Benxamín mas.

2º e 3º E.P

500 m

12.00

Benxamín fem.

2º e 3º E.P

500 m

RECOMEDACIÓNS PARA OS NEN@S E AS FAMILIAS:
  • Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetíns( un par de zapatillas deportivas e calcetíns para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).

  • Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.


  • Participarán coa camiseta técnica de cor branco do colexio (O centro facilitaralles unha camiseta aos nen@s que non dispoñan da mesma). Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo).


  • Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.


  • Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba  son os de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.


  • Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.


  • Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre de educación física do centro)

Moita sorte a tod@s!!!!

jueves, 18 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS!!!

 
Quero aproveitar estas datas, para darvos as grazas a tod@s por alimentar este blog,e sobre todo,aos meus alumn@s por deixarme ensinarvos, pola vosa confianza, pola atención que sempre me prestastes, polo interese co que traballastes, por ser parte das vosas vidas, e por tantas e tantas cousas que durante este ano 2014 vivimos...

Deséxovos un bo Nadal e un deportivo 2015.

viernes, 28 de noviembre de 2014


O vindeiro sábado 27 de Decembro celebrarase en Carballo, a II Carreira Pedestre do Anllóns- Trofeo de Nadal. 

Se estás interesad@ en participar, pincha nos seguintes enlaces, onde poderás consultar toda a información sobre a proba: horarios, categorías, inscricións.etc... 

Anímate!

PROXECTO MMAF " MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA"

Dentro das actividades que temos proxectadas para este curso no proxecto MMAF " Máis e mellor actividade física", os alumn@s de segundo de E.Primaria realizaron dúas actividades nas que o obxectivo principal era afianzar o esquema corporal e coñecer o cambio que se produce nas pulsacións do noso corazón cando realizamos un exercicio físico con moita intensidade. Tras un traballo previo da súa titora Manuela, levamos a cabo unha práctica conxunta no ximnasio.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

O NOSO CENTRO FOI ADMITIDO NO PLAN PROXECTA

Ao igual que nos cursos anteriores, o noso centro foi admitido no Plan Proxecta. Neste curso, a nosa participación centrase no desenvolvemento de dúas actividades englobadas no programa Xogade: a actividade deportiva ( participación nas diferentes fases do campo a través) e as actividades lúdicas. 

A maiores este curso  participaremos no programa MMAF “ Máis e mellor actividade física”coa idea de promover a actividade física e ao mesmo tempo incrementar a cantidade de exercicio físico nos nenos e nenas; incorporarando nunha hora a semana da materia de Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural, contidos e tarefas utilizando como medio a actividade física e o exercicio físico, que posibiliten unha transferencia cara o tempo de lecer do alumnado.

martes, 4 de noviembre de 2014

DATAS DAS FASES DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


As datas para as distintas fases de Campo a través escolar son as seguintes:


  • Fase Local de Carballo : Venres 16 de xaneiro do 2015, no circuito do Polígono  Industrial de Bértoa.
  • Fase Intercomarcal: Sábado 24 de xaneiro do 2015 no circuito de Acea da Ma( Culleredo)
  • Fase Provincial: Sábado 7  de febreiro  de 2015 no circuito da  Praia de Cabío (A Pobra do Caramiñal)
  • Campionato  Galego: Sábado 21 de  febrerio do 2015  en Monterrei (Ourense)