BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 21 de noviembre de 2011

EDUCACIÓN FÍSICA E CONSUMO RESPONSABLE



Os nen@s moitas veces convértense en educadores. Ademais, cando de nen@s aprendemos sobre o coidado do medioambiente, as formas de evitar a contaminación, e outros aspectos relacionados ao coidado do mundo, é posible que de grandes sexamos grandes formadores das futuras xeracións.

 Desde as clases de educación física é posible instruílos sobre o aforro de auga e a luz eléctrica.Un bo momento para traballar estos aspectos e aproveitar o aseo posterior ás sesións, para que os nen@s sexan conscientes da importancia de facer un uso responsable e racional da auga e da luz eléctrica. 

Co fin de concienciar máis aos nen@s,  colocáronse  uns carteis nos vestiarios e no ximnasio cos seguintes lemas:


Billa pechada, auga aforrada



Luz apagada, eñerxía aforrada


CONSUME O NECESARIO!

INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS




O vindeiro 30 de Novembro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan),a Fase Local de Campo a través, onde participarán os  alumn@s do noso centro.

Os nen@s participantes virán ao colexio no seu horaro habitual( 9.05 a 14.05 h) e serán trasladados ao lugar da proba en autobuses  acompañados polo  mestre de educación física.

Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

Hora
Categoría
Curso
Distancia aprox.
10.45
Infantil mas.
6º E.P
1.200 m
11.00
Infantil fem.
6º E.P
800 m
11.15
Alevín mas.
4º e 5º E.P
800 m
11.30
Alevín fem.
4º e 5º E.P
600 m
11.45
Benxamín mas.
2º e 3º E.P
500 m
12.00
Benxamín fem.
2º e 3º E.P
500 m











RECOMENDACIÓNS :

·    Dado que a proba se desenvolverá sobre un circuito de herba e terra, é recomendable que os nen@s veñan provistos de doble calzado e calcetins( un par de zapatillas deportivas e calcetins para competir, e outro par para poñer unha vez finalizada a proba).

·    Os nen@s traerán chandal ( o do colexio ou outro ) e un anorak   para evitar enfriarse durante a espera da súa proba e despois da mesma.

·    Participarán coa camiseta técnica de cor branco do colexio (O centro intentará facilitarlles unha camiseta aos nen@s que non dispoñan da mesma). Aqueles nen@s que queiran utilizar pantalón curto ou mallas deportivas poden facelo).

·   Se o seu fill@ está tomando algunha medicación ou ten algún problema físico que detectarán nos últimos días, non esquezan comunicalo.

·    Recorden que os obxectivos fundamentais desta proba  son os de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable;e difundir os valores da competición.

·   Os resultados da proba, as fotografías e toda a información da mesma poderán consultalos no blog de educación física do noso centro: “ Disfrutamos movéndonos”.

·    Para calquer aclaración ou dúbida, póñanse en contacto con Suso (mestre titular do departamento de educación física do centro)

·    De cara a organizar o transporte dos nen@s, é moi importante que entreguen antes do Luns 28 de Novembro a autorización que levaron os seus fill@s para casa.

Jesús Manuel Pena Núñez
(Departamento de Educación Física)

viernes, 18 de noviembre de 2011

EU SON DE EDUCACIÓN FÍSICA!

 Do  blog "O patio do meu cole é particular..."



Si, eu son o de Educación Física! Formo parte dun corpo especial, dun grupo de docentes privilexiados, dunha banda de ilusionados, dos que conectan cos seus alumn@s, dos que valoran a educación en toda a súa globalidade, dos que tratan de mellorar día a día, dos que se senten sós nos Claustros, dos que as familias non solicitan a súa acción tutorial, dos que pasan frío e calor por eses patios, dos que aínda lles queda moito por aprender, dos esquecidos pola administración... Sí, son o de Educación Física!

Cando os cimentos da escola tambaléanse porque os seus ensinos deixaron de interesar aos nosos alumn@s, a Educación Física móstrase como un dos alicerces que aínda a sosteñen. Os nen@s veñen ao cole doutra maneira cando toca "ximnasia". Chegan con ilusión e motivación. Que se lle ocorreu ao mestre? Mestre que imos facer hoxe?. Esas preguntas énchennos de satisfacción e aumentan a nosa maltreita autoestima. É entón cando nos colgamos a placa no peito, coma se dun Shériff se tratase. Somos os de Educación Física!.

Cos nosos alumn@s sentímonos importantes porque eles valórannos. Cabalgamos de clase en clase como un "Llanero solitario", porque somos os de Educación Física. Os nosos alumn@s están ávidos de dar a súa clase de Educación Física, recollen rapidamente os libros e os seus aveños en canto abrimos a porta da aula, esas caras aburridas transfórmanse, os ollos bríllanlle, botan chispas, nos seus rostros empézanse a debuxar sorrisos, están impacientes, móvense das cadeiras, nótase un certo nerviosismo por saír ao patio canto antes, chegou o de Educación Física.

Somos especiais porque a nosa materia é especial, aproveitemos a súa motivación intrínseca. Non deixemos escapar esa gran oportunidade educativa. Aprétate o cinto, colócate ben a placa, axústate  o chapeu e imos xogar, imos crear situacións de aprendizaxe onde os nen@s se sentan a gusto, seguros, ilusionados, con ganas de moverse...

Aproveitemos a motricidade para educar, formemos persoas competentes, traballemos as súas emocións e as súas relacións sociais, fagamos deles persoas máis autónomas e autosuficientes, melloremos a súa autoestima, fomentemos a súa creatividade, desenvolvamos a súa capacidade de esforzo...

Esquezamos as nosas frustracións profesionais, esquivemos as cambadelas que nos pon a sociedade, ignoremos os prexuízos sobre a nosa área. Somos como os "Homes de Harreson" ou o "Equipo A", como Chuck Norris, Rambo ou Superman. Sintámonos orgullosos do que somos. Vólvoche a dicir, somos un corpo especial.

Redúcennos os horarios, marxínansenos das competencias básicas, e a competencia motriz, onde está?, a especialidade desaparece da formación universitaria de maxisterio, onde imos ir a parar?... Queren alumn@s competentes, pero en que? En lingua, matemáticas e no coñecemento e interacción co medio. E as outras cinco competencias? Quen as vai a desenvolver? Como pode interactuar un nen@ desde o seu pupitre? Como pode mellorar a súa autonomía persoal se non desenvolveu as súas calidades e habilidades e destrezas motrices? Como pode interactuar cos demais se só pode relacionarse cos compañeir@s das mesas que hai o seu arredor?...

Está claro que somos un "gran no cu" para a administración, entorpecemos os horarios, téñennos que suplir as baixas con outros especialistas, non o poden facer cos de apoio ou con outros docentes do centro. Agora todos xeneralistas e volvemos ao devandito de antes "O mestre Liendre de todo sabe e de nada entende". Si, niso parece ser que consiste unha educación de calidade, en crear un profesorado máis técnico (a carreira durará 4 anos), pero menos especializado en nada.

Somos os de Educación Física! Desafortunadamente que pouco nos quedará por selos. Están a pedirnos a placa e a arma, pero se ao final todos somos xeneralistas, non esquezades as vosas raíces, porque Somos os de Educación Física!

XOGAMOS CO ATLETISMO V



O principio mesmo de lanzar inspírase no xesto ancestral do cazador.

O lanzamento de peso ten a súa orixe na mitoloxía grega, onde Homero describe aos lanzadores de pedras. O primeiro evento oficial disputouse nos Estados Unidos en 1876. O peso que se lanza é de 16 libras (7,257 quilogramos), tomando como referencia a bala de canón, e a técnica de lanzamento evolucionou entre a posición fixa, ao lanzamento con toma de impulso. A idea é lanzar a bóla o máis lonxe posible dun círculo que ten unha liña que non se pode exceder situada na área de lanzamento.

O lanzamento de disco é a proba atlética mellor descrita polos gregos. As técnicas para o lanzamento e os distintos discos explícanse na Ilíada. O sós era un disco cun orificio polo que pasaba unha corda, mentres que o diskos era plano, feito de pedra ou bronce. A disciplina desenvolveuse nos Estados Unidos ao final do século XIX. En 1907, o peso do disco masculino fixouse en 2 kg e un diámetro de 22 cm.

Atopáronse rastros de lanzamento de martelo nas antigas lendas celtas que datan de 829 a.C, e durante a Idade Media, onde o verdadeiro martelo de ferreiro substituíu ás artes rústicas da Antigüedade. Do mesmo xeito que outras disciplinas de lanzamento, o martelo evolucionou ao longo dos séculos, tanto na forma como no peso. Hoxe en día, para os homes, a bóla de aceiro pesa 7,257 quilogramos (16 libras) e está conectada a un cable de aceiro cun mango. Autorizado a competir só a partir de 1995, as mulleres lanzan un martelo de 4 kg.

A xavalina, ferramenta de caza utilizada polas civilizacións antigas, e tamén unha arma usada por moitos exércitos da antigüedade, está na orixe da disciplina de lanzamento de xavalina. Hércules considérase que foi un dos primeiros lanzadores de xavalina. A proba figuraba no programa dos Xogos Olímpicos Antigos. Cara a 1780, os escandinavos adoptaron e desenvolveron a disciplina. A xavalina, mesmo, converteuse nun símbolo da independencia nacional en Finlandia. As marcas han ir aumentado de maneira constante durante os séculos, tanto é así que a xavalina foi redeseñada varias veces na década de 1980 para controlar a seguridade e reducir o tempo de voo. A pesar destas medidas, os incidentes seguen producíndose hoxe en día. En 2007, os atletas Roman Sebrle e Salim Sdiri foron alcanzados accidentalmente por unha xavelina durante as reunións.

Lanzamento de peso

Lanzamento de disco



Lanzamento de martelo


Lanzamento de xavalina



viernes, 11 de noviembre de 2011

XOGAMOS CO ATLETISMO IV



O salto con pértega remóntase ás antigas sociedades gregas, pero desenvolveuse ao final do século XVIII en Alemaña durante as competicións de ximnasia. Cara a 1850, os membros do Club de Cricket de Ulverston en Reino Unido decidiron establecer a proba de «salto cun pau». O salto con pértega consiste en franquear coa axuda dunha pértega unha barra transversal, sen facela caer, despois dunha carreira de impulso dun trinta metros.  A técnica de salto e os materiais melloraron moito. As pértegas de bambú utilizadas nos xogos de 1900 substituíronse por pértegas de fibra de vidro en 1956, e despois polas de fibra de carbono que son as que se utilizan na actualidade. A proba estivo incluída nos primeiros Xogos Olímpicos en 1896 e non foi incluída no calendario para as mulleres ata os Xogos de Sídney no 2000.

O salto de lonxitude existe en todas as competicións desde a Antigüedade. Atopamos as pegadas deste evento nos Tailtean Games célticos do século IX. Os gregos incluíana xa no programa dos antigos Xogos. A disciplina desenvolveuse nos países anglosaxóns a mediados do século XIX. O salto de lonxitude consiste en saltar desde o máis próximo a un «ferro de saída», despois dunha carreira de impulso.

O triplo salto é unha variante do salto de lonxitude. Tamén é orixinario de Irlanda. Como o seu nome indica, o triplo salto é levar a cabo unha serie de tres saltos despois do impulso: en primeiro lugar sobre un pé, logo un segundo salto, sempre nas mesmas condicións que o primeiro, e se completa como na lonxitude.

O salto de altura é de orixe celta e tamén xermánica. Dende antes de 1470 coñécense concursos de altura e transcríbense nos anais da cidade de Augsburg. Incorporouse á competición por primeira vez en 1840 e quedou regulado en 1865. A regra é, despois de tomar impulso, saltar unha barra horizontal o máis alto posible e sen derrubala. A toma de impulso realízase nun só pé.A técnica de salto desenvolveuse moito durante o século XX. A tesoira e o rolo foron moi utilizados polos atletas ata a chegada en 1968 do estilo Fosbury, utilizado por todos os saltadores na actualidade.

Salto de lonxitude



Triple salto




Berni. Salto de altura



Salto de altura




Berni. Salto con pértega




Salto con pértega




jueves, 10 de noviembre de 2011

FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS


 O vindeiro 30 de Novembro celebrarase no Polígono Industrial de Bértoa (Carballo), a Fase Local de Campo a través, onde participarán tódolos centros educativos do concello de Carballo.Estará organizada polo Concello de Carballo, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo.

@s atletas do noso colexio están desenvolvendo esta semana unhas probas internas para conformar os diferentes equipos que participarán na citada proba.Ao igual que o ano pasado, agardamos unha alta participación dos nen@s do noso centro.

jueves, 3 de noviembre de 2011

XOGAMOS CO ATLETISMO III




A marcha atlética é unha modalidade do atletismo, incluída no programa olímpico desde o ano 1908 , na que se executan unha progresión de pasos de modo que o atleta se manteña en contacto co chan, co fin de que non se produza perda de contacto visible (a primeira ollada). A perna que  avanza ten que estar recta, (é dicir, non dobrada polo xeonllo) desde o momento do primeiro contacto co chan ata que se atope en posición vertical.

As carreiras de valos (chamadas tamén carreiras de obstáculos) son carreiras de velocidade na que os competidores deben superar unha serie de barreiras de madeira e metal (ou plástico e metal) chamadas valos.

As carreiras de valos ao aire libre son as máis populares. Para a categoría masculina  existen os 110 metros con valos, e para a feminina os 100 metros con valos, as cales se percorren cos denominados valos altos. Tamén existen os 400 metros con valos, con valos máis baixos. En pista cuberta adóitanse correr os 60 metros con valos, tamén con valos altos.

BERNI - MARCHA



20 Km MARCHA




110 m valados


Caidas nas carreiras de valados