BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 21 de junio de 2024

BO VERÁN A TODOS/AS!

Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.

Vémonos de novo o 11 de Setembro para seguir "desfrutando movéndonos".
Unha aperta moi grande e bo verán a todos/as.



DESPEDIDA DO ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Para min non é nada fácil despedirme de vós, xa que, foron nove cursos moi intensos, onde disfrutei moito aportando o meu graniño de area na vosa formación como alumn@s, pero sobre todo, como persoas.

Espero que vos vaia todo xenial na vida, que saiades adiante e que aprendades a importancia que ten o esforzo para alcanzar os vosos soños.

Moitas grazas por facerme partícipe das vosas vidas!

Unha aperta moi forte para tod@s!

XOGAMOS A ORIENTARNOS PARA REMATAR O CURSO

Para rematar o curso, o alumnado de cuarto, quinto e sexto  de E. Primaria desfrutou ao longo de toda a mañá,   dunha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se buscou foi que o alumnado desfrutara dun último día de clase dunha maneira lúdica e cooperativa.