Despois de dous anos de parón pola pandemia, hoxe celebrouse de novo a Fase local de campo a través escolar, onde un ano máis, os nosos/as atletas
tiveron un destacado papel na proba celebrada no circuito permanente do polígono industrial de Carballo.
O noso centro estivo representado por 99 nenos/as das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Noa Lema, Gael Méndez e Hugo García; e as de prata de Julia García e Hugo Castro.
A
todo isto, hai que añadir a clasificación individual de moitos nenos/as
e posiblemente dalgún equipo, o que fai pensar, agardando a que a
Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas;
que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na
Fase Intercomarcal, que se celebrará o sábado 14 de Xaneiro do 2023 no
circuito Acea da Má ( Culleredo).
Quero
aproveitar esta entrada, para dar as grazas ás mestras Marta, Sonia e Lucía, polo
seu excelente traballo e colaboración no desenvolvemento da
xornada de hoxe. Moitas grazas!
Tampouco me quero olvidar do excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
Moitas Grazas!
EQUIPO INFANTIL MASCULINO
EQUIPO INFANTIL FEMININO
JULIA GARCÍA SEGUNDA CLASIFICADA
ALEVÍN FEMININO
HUGO GARCÍA PRIMEIRO CLASIFICADO INFANTIL
MASCULINO
Noraboa !!!!
ResponderEliminar👏👏👏
Moi ben 👏👏
ResponderEliminarNoraboa!! 💪👏🏼👏🏼👏🏼
ResponderEliminar