Elaine Wyllie, profesora de primaria xa xubilada, pasou moitas horas mirando polas fiestras da súa aula dun colexio de Stirling, en Escocia. Así, sen sabelo, foi dando forma á súa idea. "Víase un parque, e a min encantábame contemplalo", explica. "Ás veces miraba aos alumn@s en clase e preguntábame se non estarían mellor fóra correndo".
Foi un voluntario que traballaba naquel colexio St Ninians, cando Wyllie era xa directora, o que lle abriu os ollos. " Estes nen@s están pouco en forma", díxolle. Nada raro. Case o 40% dos nenos británicos de entre 11 e 15 anos padece sobrepeso, e un de cada dez xa é obeso antes de comeezar o colexio. Os nen@s ingleses en idade escolar, segundo un estudo recente, están en peor forma que nunca. Algo que os expertos atribúen, principalmente, á vida sedentaria.
De súpeto, un día de febreiro de 2012, Wyllie decidiu pasar á acción. " Imos todos á rúa", díxolles aos seus alumn@s. Levounos ao parque, o que levaba anos mirando polas fiestras da clase, e propúxolles que o rodeasen correndo. "Unha volta ao parque era un cuarto de milla", recorda. " Tiñan 10 anos e non logrou completalo ningún, acabaron todos exhaustos".
Exhaustos, pero divertidos. Ao día seguinte repetiron a proba. Ao outro tamén. "Nun mes estaban transformados", asegura Wyllie. " Todos podían correr unha milla ( 1,6 quilómetros) , que era dar catro voltas ao parque. Por iso chamámolo a milla diaria".
Para Semana Santa xa se apuntaron cinco clases máis. E no verán todo o colexio facía a milla diaria. "Anímaselles a correr, pero poden ir andando, saltando... como queiran", explica. "A clave é que lles encanta. Ten que ver con todas as necesidades dos nen@s: o aire fresco, a liberdade, a diversión" Funciona porque sucede onde os nen@s están cada día, no colexio. Non teñen que cambiarse de roupa, pode ser a calquera hora. Todos participan e todos gañan. Non é deporte, é saúde".
Hoxe máis de 600 colexios en Escocia e outros 200 máis en Inglaterra e Gales practican a milla diaria. Os tres principais partidos escoceses recollían a proposta nos seus programas para as eleccións rexionais do pasado 5 de maio. " A nosa ambición é que Escocia sexa a primeira nación da milla diaria", dicía o programa co que gañou as eleccións o nacionalista SNP.
Os índices de sobrepeso no colexio son hoxe case a metade da media escocesa. A milla diaria mellorou a forma física dos nen@s, segundo os profesores, pero tamén o seu comportamento, a súa concentración e o seu rendemento académico. " Os nen@s satisfacen as súas necesidades físicas, exercen de nen@s, e logo pórtanse mellor e concéntranse máis", explica. E todo iso, sen custo algún.
Esa información anecdótica vai camiño de converterse en evidencia científica, grazas a un estudo comparativo que está realizando a universidade de Stirling, que medirá os beneficios " físicos, cognitivos e emocionais" da milla diaria. " Ningunha outra iniciativa no mundo occidental funcionou para reducir a obesidad infantil e esperamos que este estudo demostre que a milla diaria si funciona ", confía.
Hoxe Elaine Wyllie está xubilada como profesora e dedícase a percorrer o mundo tratando de dar a coñecer o seu proxecto, coa axuda dunha fundación que apadrinu a súa causa. A milla diaria practícase xa en colexios de Bélgica, Polonia, Italia e Holanda. Cada semana súmanse novos centros.
Ela, por certo, non é deportista. "¡En absoluto!", asegura entre sorrisos. Pero a milla diaria, aclara, non ten que ver co deporte senón máis ben coa niñez. " En 15 segundos recorde un momento de xogo feliz durante a súa niñez ", propón. " Era no exterior ou no interior " Só ou con amigos? Había adultos dirixindo? implicaba un complexo xoguete manufacturado? Se responde o que creo que respondeu, esa é para min a definición da niñez. E todo iso é a milla diaria?.

No hay comentarios:
Publicar un comentario