Os alumn@s de terceiro Ciclo de E.Primaria( quinto e sexto), inician esta semana a última unidade didáctica da 2ª Avaliación que leva como nome: " XOGAMOS AO BÁMINTON".
O Bádminton é un deporte dos considerados alternativos dentro da programación de educación física, no cal, trabállanse as habilidades coa raqueta.
MATERIAIS PARA XOGAR AO BÁDMINTON:
Para xogar ao bádminton é necesario: 1 raqueta, 1 volante e a rede ou pista. Pódese xogar ao aire libre ou nun lugar pechado.
REGRAS DO BÁDMINTON:
O bádminton é un xogo de raqueta, e pelota (chamada volante), en aparencia lixeiro e agradable. Pero o feito de que a pelota pese tan só uns poucos gramos non impide que se trate en realidade dun deporte duro e esixente, de movemento continuo, que require elasticidade e resistencia.
No bádminton enfróntanse dous xogadores, ou dúas parellas. Os xogadores ou parellas sitúanse nas metades opostas dunha pista rectangular dividida por unha rede.
O obxectivo consiste en lanzar o volante de corcho ou plumas por enriba dunha rede nunha pista sinalizada. O xogador lánzao, recíbeo e vólveo a lanzar. Todo iso sen permitir que chegue a tocar o chan.
COMO SON AS RAQUETAS?
As raquetas son lixeiras, cun peso de entre 70 e 100 gramos, sen cordaxe. As raquetas diferéncianse basicamente polo material do que están feitas. As máis baratas son as metálicas e utilízanse como raquetas de iniciación ou raquetas escolares. Os seguintes modelos en canto a calidade adoitan ter a cabeza metálica e a cana, de carbono ou grafito. Para rematar as raquetas de competición son todas dunha peza de carbono e a súa calidade varía segundo a cantidade das láminas de carbono que ten na súa estrutura.
A raqueta mide 66 cm de longo aproximadamente, mentres que a súa cabeza ten 21 cm na súa parte máis ancha.
COMO É O VOLANTE?
O volante, chamado coloquialmente mosca ou gallito, ten unha base de corcho con 16 plumas de ganso axustada para darlle estabilidade. As plumas fanse agora de nailon ou plástico.
COMO É O TERREO DE XOGO?
A cancha é rectangular dividida en dúas metades por unha rede. A anchura total é de 6,1 m e en individuais redúcese a 5,18m. A lonxitude é de 13,4 m. A rede álzase a 1,55 m nos laterais e 1,52 m no centro. Os postes suxeitan a rede e sitúanse fóra da liña de dobres, ata cando se xogan en individual.
COMO SE XOGA?
O xogo comeza cun saque desde a zona da dereita á diagonalmente oposta e continúa co peloteo ata que un dos dous xogadores ou parella comete unha falta. O xogo desenvólvese con gran rapidez. Considérase falta cando:
-o volante toca o chan.
-o volante non pasa a rede.
-o volante cae fóra da pista ou dá no teito.
-o volante é golpeado dúas veces.
-Tamén é falta non facer saque correctamente, fintar, obstruir, ou molestar para conseguir unha vantaxe pouco limpa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario