" DESFRUTAMOS MOVÉNDONOS"
BENVIDA
Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .
" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...
Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".
viernes, 15 de noviembre de 2024
PVAD. DESFRUTANDO DA MILLA DIARIA EN COMPAÑÍA.
viernes, 8 de noviembre de 2024
PVAD. RECREOS ACTIVOS: MÓVETE!
PVAD. CHEGAMOS ÁS 100 MILLAS!
Esta semana chegamos ás 100 millas percorridas da milla diaria desde o inicio de curso.
Noraboa e grazas a todos/as pola vosa participación.
NOTICIA DA MILLA DIARIA DO NOSO COLE NO DIARIO DE BERGANTIÑOS
miércoles, 18 de septiembre de 2024
PVAD.COÑECE O MEU CLUB:BALONMÁN XIRIA
Esta semana contamos no noso centro coa presenza de dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria que están facendo unha presentación práctica e lúdica do seu deporte a todo o alumnado de Educación Primaria, explicando o funcionamento do seu club (localización, horarios de adestramento, competicións…)
Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.
Moitas grazas a Sheila e Zarra por adicarnos parte do seu tempo a ensinarnos o seu deporte.
viernes, 13 de septiembre de 2024
PVAD. A MILLA DIARIA
A milla diaria é unha modalidade dentro do PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva) do Plan Proxecta, no que participará o noso centro durante este curso, que pretende fomentar entre o noso alumnado un estilo de vida saudable, aumentando o tempo que dedican á actividade física.
A actividade consiste en realizar un percorrido dunha milla de lonxitude (1600 metros) e facelo en calquera momento da xornada escolar de luns a venres.
O obxectivo final será loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida.
Trátase de que sexa una actividade atractiva para todos/as, e que nos aporte beneficios para a nosa saúde.
Hoxe iniciaron a actividade os alumnos/as de 5º de E.Primaria.
1 VOLTA ARREDOR DO COLEXIO = 300 METROS
1 VOLTA POLO EXTERIOR DO COLEXIO = 600 METROS
martes, 3 de septiembre de 2024
BENVIDOS/AS AO CURSO 2024-2025
Plufi quere darvos a benvida ao novo curso escolar 2024-2025, en particular aos que chegades por primeira vez ao noso centro.
viernes, 21 de junio de 2024
BO VERÁN A TODOS/AS!
Finaliza un novo curso no que agardo que desfrutásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden os bos momentos que pasamos.
Moitas grazas a todos/as por visitar o blog.