BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

viernes, 19 de junio de 2015

BO VERÁN A TOD@S!


Finaliza un novo curso no que agardo que gozásedes das clases de educación física, e que no voso recordo, queden  os bos momentos que pasamos.

Moitas grazas a tod@s por visitar o blog.

Vémonos de novo o dez de Setembro para seguir "disfrutando movéndonos".

Un saúdo e bo verán a tod@s.

jueves, 18 de junio de 2015

DESPEDIDA DOS ALUMN@S DE 6º DE E.PRIMARIA



Ensinarás a voar ,pero non voarán o teu voo. 
Ensinarás a soñar ,pero non soñarán o teu sono. 
Ensinarás a vivir, pero non vivirán a túa vida.
Pero cada vez que voedes, pensedes, soñedes, cantedes e vivades... 
perdurará a pegada do camiño ensinado e aprendido.

 Moitas grazas por facerme partícipe dos vosos camiños.

miércoles, 17 de junio de 2015

O CEIP A CRISTINA ESTARÁ PRESENTE NOS 10 K DE CARBALLO


O noso colexio terá unha nutrida representación na  V Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo que se celebrará este próximo domingo.

En total, serán 60 atletas os que representen ao noso centro nas diversas categorías.

Agardo que os nen@s disfruten dunha mañá deportiva, na que as rúas de Carballo, se convertirán  nunha auténtica festa do atletismo.

martes, 9 de junio de 2015

XOGAR NA RÚA 2015


Xogar na Rúa cumpre 24 anos e pecha un ano máis o programa de Deporte Municipal en idade escolar.

O deporte tomará as rúas de Carballo este próximo  sábado  a partir das 17.00 horas con 16 actividades,como son: mini basket, xadrez, pista americana, hoquei, xogos autóctonos, búfalo mecánico,atletismo, ciclismo ou capoeira, entre outras. 

Anímate e participa!!!!