BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Desfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Desfrutamos movéndonos".

lunes, 26 de marzo de 2012

OS ALUMN@S DO NOSO CENTRO DISFRUTARÁN COA ESPELEOLOXÍA


A espeleoloxía é unha das  actividades lúdicas incluidas dentro do programa Xogade( Xogos deportivos en idade escolar) que se ofertan para este curso,e pareciume interesante para os alumn@s, solicitar esta actividade polo novidosa e atractiva que pode resultar para todos eles.


A actividade ten un carácter informativo-divulgativo para dar a coñecer a práctica nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa que se realiza case exclusivamente fóra da vista dos non practicantes:baixo terra.

Será dirixida por Técnicos Deportivos en Espeleoloxía da Escola Galega de Espeleoloxía,que visitarán o centro durante o terceiro trimestre do curso ,dentro do horario escolar, cunha exposición multimedia e unha posterior actividade práctica no ximnasio do centro.

"Espeleoloxía na escola" , vai dirixido aos alumn@s do terceiro ciclo de E.Primaria  (5º e 6º),  e ten un carácter eminentemente lúdico.

O que busco con este tipo de actividades, ao igual que nos dous cursos anteriores nos que se desenvolveron as actividades de: Taekwondo, Loita Olímpica e Ximnasia Deportiva; é un acercamento de actividades lúdicas ao centro que lle resulten  atractivas e novidosas  aos alumn@s para que coñezan outras modalidades deportivas.

No seguinte vídeo titulado: " Nas entrañas da terra", poderedes coñecer un pouco máis desta modalidade deportiva tan interesante.


sábado, 24 de marzo de 2012

A MIÑA META SON EU MESMO

Somos xente normal, "ordinarios" como se di coloquialmente e que sería a tradución literal do título do vídeo, (que é dunha marca comercial),  paréceme unha reflexión moi interesante sobre o deporte e a meta que moitos mestres de educación física buscamos nas nosas clases.



jueves, 15 de marzo de 2012

INSTALACIÓNS AXEITADAS¿ UN SOÑO?

O pasar por máis de media ducia de colexios fíxome ver ata que punto dispor dunhas instalacións e materiais axeitados repercute na calidade do proceso educativo. Estou seguro que calquera mestre prefire ter recursos materiais suficientes, variados e de calidade a non telos. A discusión sobre a necesidade ou non dos materiais é peregrina. Está claro tamén que dispor deles non asegura nin por casualidade que as sesións que expoñamos aos nosos alumn@s vaian desenvolverse perfectamente e que este feito lles fará aprender como por encantamento, pero son un elemento a favor de considerable peso.

Na maioría de centros de nova construción tívose en conta á área de educación física? Quero dicir que se do mesmo xeito que se prepararon os espazos para unha aula de idiomas, outra de desdobre ou multiusos, a biblioteca e aula de informática, pregúntome se tamén se pensou nun amplo almacén para o material da nosa área, uns vestiarios ou aseos adecuados e de fácil acceso,ximnasios dotados de calefacción, etc. Pola miña experiencia ? creo que non; porque  todo é mellorable, sobre todo se ao arquitecto ou proxectista ocorréselle preguntarnos aos mestres que a imos a utilizar.


Con todo nos centros máis antigos a cousa complícase. Se xa de por sí naceron con limitacións, a situación actual (e caben aquí   a re-organización interna dos espazos, a deterioración das instalacións, a escasa dotación, a falta de orzamento para novas compras, etc.) fai que mestres e alumnos/as teñamos que armarnos de paciencia para poder gozar das nosas clases: faise difícil educar na hixiene cando o propio aseo é o almacén; promover o coidado dos materiais cando están continuamente á vista -e ao tacto- de quen pase por alí; concienciar do respecto mutuo cando en dous palmos de terreo conviven demasiados alumn@s; etc. Ah! e se chove? O do  pavillón cuberto é xa unha utopía.

Como me considero capaz de queixarme e propor solucións ao mesmo tempo  van unhas cantas: re-dotar aos centros de novos materiais (polo menos cada dez anos!); reservar unha maior partida orzamentaria do centro para a nosa área (tendo en conta que os materiais son caros e necesitamos un bo número); solicitar ao concello que adoita ser quen xestiona as instalacións, melloras nas mesmas (desde repintar as liñas da pista até construír algún espazo como almacén); recoller materiais que poidan vir a través de promocións de editoriais (recursos audiovisuais, cadernos de traballo, etc.); participar en promocións de institucións (solicitando material para temas transversais: educación viaria, para a saúde, etc.); inscribirnos en actos deportivos ou campañas de organizacións que nos poidan facilitar novos recursos; utilizar calquera dotación municipal que teñamos a man (polideportivo, etc.). En fin, imaxinación ao poder e xa sabedes: o que non chora...

QUE SUSPENDICHES A XIMNASIA?!


Pero, como pode ser?, que fixeches para que  te suspendan a ximnasia?, pero se  ti corres como unha lebre! Estas son algunhas das preguntas que se fan algúns pais cando lles chega o boletín coas notas do trimeste e oh, sorpresa! o seu fillo/a suspendeu Educación Física (xuro que pon Educación Física no boletín e non ximnasia nin deporte -vello tema xa-).


Tras a sorpresa veñen as dúbidas: por que?.

Probablemente o mestre de educación física avisaría en conversacións co titor/a reiteradamente sobre aqueles aspectos nos que este debía mellorar para evitar unha mala cualificación: falta de interese, escasa participación, problemas de conduta, excesiva conflitividade, indumentaria inadecuada, nulos hábitos de hixiene corporal, falta de atención, non presentación de traballos da área ou mesmo, algunha problemática motriz que se debese traballar tamén en casa (si, si, deberes para casa de E.F) pero seguramente non se lle deu demasiada importancia no seu día ou simplemente a ximnasia non importa.

O PLACER DE CORRER

A carreira, por coñecida e esixente, é a que menos lles interesa aos alumn@s e por iso mesmo é a que nos vai a permitir como mestres de educación física introducir unha serie de aprendizaxes que van máis aló da amplitude da zancada ou as marcas persoais.

Nunha época na que a disciplina, o esforzo, a constancia e a introspección son valores que cotizan á baixa no mercado de valores da escola actual, o traballo sobre a carreira é unha oportunidade para revalorizalos. Podería dar mil e unhas razóns. Déixovos A razón en forma de vídeo.




sábado, 10 de marzo de 2012

MÁIS DE DOUSCENTOS ESCOLARES PARTICIPARON ESTE SÁBADO NA CARREIRA POPULAR CIRCUÍTO TORRE DE HÉRCULES

Douscentos corenta e sete escolares das categorías benxamín, alevín e infantil, deronse cita este sábado no circuíto da  Torre de Hércules.

A Xunta de Galicia, a través do seu programa de deporte en idade escolar XOGADE, puxo en marcha esta iniciativa popular dentro do seu apoio ao deporte base, aproveitando a gran oportunidade do escenario dun campionato de España de Campo a través escolar e universitario.

Os escolares  tiveron a posibilidade de compartir espazo, cos  atletas que esta tarde se deron cita nas inmediacións da Torre de Hércules, para recoñecer o circuíto que mañá, terán que percorrer competindo cos mellores atletas da súa categoría a nivel nacional.

De novo os atletas do noso colexio realizaron un gran papel, destacando sobre todo, por ser o centro con máis atletas participantes.

jueves, 1 de marzo de 2012

CARREIRA POPULAR CIRCUÍTO TORRE DE HÉRCULES

 
O vindeiro sábado 10 de Marzo en horario de tarde celebrarase unha Carreira popular na zona da Torre de Hércules con motivo do Campionato de Campo a través Escolar e Universitario, onde haberá unha nutrida representación dos atletas do noso centro.

Esta carreira está organizada por parte da Secretaría Xeral para ou Deporte e a Federación Galega de Atletismo e conta coa colaboración do Concello da Coruña e de Coca Cola.

Poderán participar todos os deportistas que estean interesados nas categorías benjamín, alevín e infantil, tanto en categoría masculina como feminina. Premiarase aos 3 primeiros clasificados en cada unha das categorías así mesmo os primeiros inscritos obterán un obsequio por parte da organización.
Os nen@s participantes serán trasladados ao lugar da proba nun autobús acompañados polo seu mestre de educación física.

A hora prevista da saída desde Carballo será ás 15.30 horas desde o espazo reservado para autobús que hai no colexio ( ao lado do portal de entrada do alumnado ao colexio)
Está previsto chegar de volta a Carballo entre as 19.00 e as 19.15 horas ( dependendo de que os horarios das probas non se vexan alterados) ao mesmo lugar da saída.
Os horarios orientativos das probas son os seguintes:

Hora
Categoría
Curso
Distancia aprox.
17.00
Benxamín feminino
2º e 3º de E.P
500 m
17.10
Benxamín masculin
2º e 3º de E.P
500 m
17.20
Alevín feminino
4º e 5º de E.P
1000 m
17.35
Alevín masculino
4º e 5º de E.P
1000 m
17.50
Infantil feminino
6º de E.P
1500 m
18.05
Infantil masculino
     6º de E.P
1500 m