BENVIDA

Ola a tod@s!

Nesta nova aventura na rede, irei reflexando todos aqueles aspectos relacionados co mundo da educación Física .

" Disfrutamos movéndonos" é a primeira pedra dun proxecto onde as novas tecnoloxías estarán presentes nas sesións de Educación Física. Nel, reflexarei as nosas experiencias nas distintas unidades didácticas que traballaremos ao longo do curso, fotografías, vídeos,etc...

Un saúdo e benvidos a " Disfrutamos movéndonos".

martes, 28 de febrero de 2012

MOITAS GRAZAS SIRO


Nos traballos non hai ninguén imprescindible, pero sí hai persoas importantes e que deixan pegada polo seu esforzo,actitude, forma de ser, e sobre todo, pola súa competencia e responsabilidade. Unha desas persoas é o noso conserxe Siro, que no día de hoxe finaliza a súa etapa laboral no noso colexio.

Ás veces non vemos,nin valoramos o traballo de compañeiros como Siro, ese traballo silencioso, pero moi importante para que un centro  funcione.

Creo que é de xustiza recoñecerlle o seu esforzo, traballo e implicación no proxecto do colexio.Na súa etapa non recordo unha mala palabra, unha mala cara,todo foron boas palabras, boa disposición en pro do colexio.

Está claro que no día de hoxe o colexio perde a un grande profesional, pero sobre todo, a unha grande persoa que durante os meses que estivo entre nós, deixou a súa impronta e o seu saber estar.

Non sei si voltarás de novo, ¡agardo que sí!, pero ten por seguro que os que traballamos no día a día contigo, botarémoste de menos.

Desde aquí quero darche as grazas e que saibas que no noso colexio sempre terás as portas abertas, porque xente coma ti, merece a pena.

Moitas grazas por todo e ata moi pronto compañeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario